2010/06/15

O año mouro da LNB

   Ainda non repostos da gran Muiñada de Conxo, na que o Norleste volveu a ser referente indiscutible logo de que "Os Outros" conseguisen ó título de equipos e "Markytos"  ó  Individual absoluto, o xogo non se detén. Na vindeira cita do domingo 20 de Xuño, na gran esplanda do aparcamento Eroski, loitaremos polo "AÑO MOURO DA LNB". Disque engordou tanto que xa non cabe no cortello.
O programa é o seguinte:
     A mañán comenzaremo-la loita contra as 12,00 h., logo faremos unha comida de hirmandade no Gaiteiro en Santa Cruz, que nos sairá a 10,00 € e voltaremos o terreo de xogo para continuar a loita. De momento son 8 os equipos apuntados ainda que pode aparecer algún mais.
    É convinte que entre hoxe  martes e mañán mércores si algún equipo quere apuntarse o faga xa. Contactar con Xermán no 619570976,  con Marcos no 605316896 ou en lnb.norleste@gmail.com
   Os equipos serán de 5 xogadores ainda que poderán xogar con un mínimo de 4 e un máximo de 8.
   Xogarase ó xeito que se fixo en Conxo, e decir todos xuntos en carreiras de 8 xogadores (un xogador de cada equipo) e irase puntuando según se acade o varal. O equipo que mais puntos consiga será o gañador do Año.
   É unha boa ocasión para ir perfilando os equipos de cara a vindeira tempada e tamén para que se unan a serpe multicolor da LNB todos aqueles que sintan bulir no su peito a rebolución billardeira. Veña!  Bulide e non o deixedes escapar! Todos a loitar polo año mouro da LNB. Billarda sempre e adiante co Varal.

No hay comentarios: