2010/06/07

VOLTAMOS DE CONXO!

    SI, VOLTAMOS DE CONXO!!  así, con maiúsculas, porque recuperamo-la primacia. O Norleste manda de novo. Tan so os nosos hirmáns do Centro foron quen de nos seguir a estela i entre as dúas conferencias nos repartimos os trofeos. Dous para eles e outros dous para nos.
   As primeiras en saltar a aréa foron as donas. De unha banda Centro e da outra Norleste, desfixéronse das súas rivais, que viñan precedidas de gran soa e ca intención de superar o posto da subcampiona Fátima. Nas semifinais Carmela, dos "Trouleiros" (Conferencia Centro) deixou fora a súa compañeira Begoña do mismo xeito que Reyes de"Os Outros" (conferencia Norleste) pola súa banda accedeu a final logo de desfacerse tamen da súa compañeira Geni, ata entón campiona feminina. Final moi loitada de dúas primeirizas. Na primeira carreira Reyes imponse con certeiros e precisos  golpes, adíantase tamén na segunda carreira e cando xa saboreaba o triunfo, Carmela empata forzando una nova carreira. Os nervos fan presa en Reyes que erra de forma inesperada i Carmela aproveita para gañar de novo. As táboas desfanse a carreira completa i unha vez mais Carmela faise dona e consigue a victoria que a convirte en Campiona 2009-10. 
   Segundo título en xogo, o de equipos. Os "Paquete Pincha" viñan dispostos a revalidar na aréa de Conxo o títulos de Campións, pero topáron  uns contrincantes moi medrados e quedaron relegados a un cuarto posto (empatados cos "Filloas de Sangue"). Empezaron forte sin embargo e xunto cos "Furabolos" dominaron as primeiras carreiras. Sin presas pero sin pausa, os "Billardeiros Musicais" foron impondo o xeu xogo, seguidos de perto polos "Pincharango"  e "Os Outros". Era tan curta a vantaxe, que a falta de tres carreiras "Os Outros" deron un chimpo que os levou o primeiro posto e souperon defendelo como gato panza arriba ata o final. 
As diferencias entre equipos foron minimas, o que di moito do nivel de tódolos participantes.  Ao remate así quedaron definitivamente os postos de cada un: Os Outros 46 p. Billardeiros Musicais 45 p. Pincharango 44 p. Filloas de Sangue e Paquete Pinchas 38 p. Trouleiros 33 p. Furabolos 32 p. e Xarutos 25 p.
  Logo do concurrido xantar e de botar unas cantigas e uns bailes voltamos todos a competiciòn para disputar o Campionato de Varados.  Un forte sol axudou a que o terreo de xogo  se fixese moi longo, moi longo, moi longo... tan longo que naide puido chegar a billarda o Varal. Houbo que acortar a pista e comenzar nova rolda de lanzamentos. Voltamos a mesma, lixeiros acercamentos, o Varal segue  estando moi lonxe, moi lonxe... Acortouse por segunda e derradeira vez a pista de xogo e finalmelte Hugo dos Trouleiros foi o único que acertou. Un VARADO que o proclama Campión.
   Por últimoó campionato individual absoluto. Informacións previas salientaban a posibilidade de revancha entre os campións dos dous últimos anos, Markytos e Rubén. Non foi posible por canto ó de Mos, caeu na fase de grupos. Disque andaba a pasalo bén co micro nas mans, nenvargantes foi presa da saudade no intre de entrega-lo trofeo o seu sucesor e cunha voz moi queda pregou un pequeno aplauso para o excampión. Grande Rubén! 
   A meirande parte dos tan temidos palanadores do Sur perdeu folgos  xa na fase de grupos  e foron caendo un tras outro agás Luis Enrique  que se resistiu ata cuartos, pero Roi deu boa conta dil e deixou o sur sin posibilidade ningunha. Nas medias finais, Markytos superou a Roi  por dúas carreiras a cero e Basilio fixo o propio con Xan Rodiño. 
 Unha gran final na que ó excampión Markytos iba dispor da posibilidade de recuperar a coroa que lle fora arrebatada por Rubén; en fronte  ó poderoso palanador dos Trouleiros. Basilio confirmou en Conxo o seu gran nivel de xogo. Os Trouleiroso, que xa acadaran dous trofeos tiñan a posibilidade de un terceiro. Todo un éxito para ó equipo do Centro.
 Na primeira carreira da final (programada o mellor de cinco), o empuxe e precisión no golpexo, foi determinante para que Basilio conseguira o triunfo.  Logo todo rematou, Markytos aprendeu a lección, xogou como sabe e gañou as dúas carreiras seguintes pasándo toda a presión o seu rival. A cuarta carreira foi a derradeira, Markytos levou a billarda o Varal e deixou a Basilio ca responsabilidade de embocar si quería seguir vivo. Demasiada presión para un so golpe. Olla a billarda, olla pro varal, golpea e... tiro que queda corto!  Markytos Campión Absoluto de Billarda 2009-10.
  Compre decir que a xornada viuse deslucida por un erro human. Os trofeos que recoñecían os gañadores non apareceron por ningures, pero o "fair play" de todos nos, foi un valor engadido que deixa a toda a tribu da LNB como grandes Campións. A día de hoxe podemos asegurar que cada campión está a punto de recibir o seu trofeo. Parabéns e deica vindeira cita. 

No hay comentarios: