2010/07/22

Ofestivalón

    Como xa todos xabedes polo blog de "O Varal", o año do torneo Interparroquial gañárono os Billardeiros Musicais i está previsto que o comamos entre todos o vindeiro venres 30 de Xullo na taberna de Lola en Remourelle.
    Contra as 16,00 horas (catro da tarde), faremos un aberto de billarda que será gravado por Suso  e algún compañeiro mais para facer un corto como continuación "O gran golpe" que xa se fixo fai dous anos co gallo do festival On-Off, e a continuación faremoslle os honores o "año Mouro" e outras especialidades de Lola.
    Canta mais xente participe no corto mellor. E para a cea, que sairá a uns 8,00 € por barba, precisamos que vos anotedes para saber cantos vamos a ser a mesa.
   E unha mágoa que o derradeiro sábado non poideramos conseguir o xabarí do Festival da Chaira. Sería un bó complemento para o "año", estivemos a piques, pero a sorte foi esquiva desta volta.
   Esperamos que toda a tribu billardeira se xunte en Remourelle para facer un bo espectáculo. Ánimo, esperamos por todos vos!

No hay comentarios: