2010/09/19

Daniel pescando na 1ª Xornada da LNB

     No parque Rosalía de Castro de Burela deu conezo unha nova tempada de billarda da Conferencia NorLeste.
    O "II Aberto do Bonito" foi este ano a primeira xornada puntuable da LNB engadindo deste xeito un extra de emoción os enfrontamentos dos palanadores.  Por riba do reto de levarse o premio dun bonito, esta o ir acadando a maior cantidade de puntos e facerse cos primeiros postos da clasificación.
    Malia a ausencia de varios palanadores habituais, xuntouse unha boa morea de xente que deu calor e color o encontro.
     Na reducida cancha de xogo fixeronse dúas pistas simultaneas que deron lixereza e vistosidade o xogo ainda que o convertiron en pericoloso, de feito unha billarda impactou na testa dunha palanadora, por sorte sin maiores consecuencias co dolor do golpe.
    Os palanadores noveles que debutaban cas distintas  franquicias foron vendo que non é doado pasar rolda dado o nivel de xogo dos veterans pero amosaron maneiras e gañas polo que pouco a pouco estaran na pomada.
     José María, de 5 anos, fixo o seu bautizo na liga formando parte de "Os Outros", non poido pasar da fase de grupos, pero e un valor de futuro, con xenio e madeira de campión.
    A final, foi un calco da xogada o ano anterior:  Hugo, Eric e Daniel, deixaron na cuneta a Ginés, Guille e Xermán respectivamente e disputaron unha reñida eliminatoria que finalmente se decantou a favor de Daniel, tendo nembargantes que disputar un desempate con Eric que non llo puxo nada doado.

 
     O bonito de Burela, e este ano si que foi un verdadeiro bonito, facilitado pola nova fraquicia burelense "O Buril", pescouno a man Daniel. Eric segundo e Hugo terceiro, recibiron un agasallo como recordo.
     As clasificcións podedes velas premendo na pestana corespondente.


No hay comentarios: