2010/09/12

Os Billardeiros + Os Outros, profetas na súa terra.


  •   Este desafío anual que fan as dúas franquicias ribadenses ("Billardeiros Musicais + Os Outros") tivo unha gran resposta polo que os anfitrións non as tiñan todas consigo cara o desenlace final do encontro. A presencia masiva de palanadores do Centro (Furabolos e Trouleiros) reforzando os habituais do Norleste, e mais as achegas de Xan Rodiño, Sak, Jang Ji Yun e outros, facían que o reto billardeiro se convertise nunha das confrontacións mai fortes de tódalas edicións deste Trofeo das Festas Patronais de Ribadeo.

  •    Xuntámosnos todolos xogadores e amigos na Dorada donde, entre outras cousas, demos conta do xabari da chaira regado con abundante viño para logo desprazarnos os terreos de xogo do Colexio Gregorio Sanz.

  •   As equipas ribadenses formaron con 19 xogadores, enfronte tiñan a 26  experimentados palanadores que formaban a seleccion "resto do mundo" e viñan con gañas de loita, de ahí  a igualdade das primeiras roldas, mesmo a metade do encontro os foraneos gañaban por 4 puntos.  A partir dese intre, tanto os Billardeiros Musicais como os Outros, puxéronse as pilas e foron remontando ata chegar a un resultado final de 106 a 81 puntos, o que os convirtiu por 2º ano consecutivo en Campións.

  •    Foi esta unha boa pedra de toque para dar comezo a unha nova edicción da LNB que se presume moi reñida e igualada. No Sur xa comenzaron e nos o igual que o resto das conferencias,  farémolo o vindeiro sábado 18 en Burela disputando o que será o "II Aberto do Bonito".
 Aquí deixamos colgado o calendario oficial que fai uns días aprovamos nunha xuntanza:

L.N.B. 2010/11
CONFERENCIA NORLESTE
- 18 de setembro: 1ª Xornada LNB: II Aberto do bonito. Burela
- 26 de setembro: Aberto do I Trofeo das Asociacións. Riotorto

- 17 de outubro: 2ª Xornada LNB Aberto da Faba. Lourenza
- 30 de outubro: Copa Cantabrica: Galiza - Asturias (Pillarnu-Avilés )

- 14 de novembro: 3ª Xornada LNB: II Aberto do Chicharo lañado. Foz

- 19 de decembro: 4ª Xornada LNB: Torneo do Galo. Ribadeo

- 15 de xaneiro: 5ª Xornada LNB: Aberto do …. Pacios-Castro de Rey

- 29 de xaneiro: 6ª Xornada LNB: II Torneo do Lacón en Meira

- 26 de febreiro: All Star (en Cabanas ou Mugardos)

- 20 de marzo: 7ª Xornada LNB: II Aberto da Tarta. Mondoñedo

- 16 de abril: 8º Xornada LNB Torneo Cidade de Lugo

                   : Xerro do Salnés (Xil-Meaño?) … data a confirmar

- 15 de maio: 9ª Xornada LNB: II Aberto do “coello de Suso”. Remourelle

- 29 de maio: Finais en Conxo

Polo solo feito de participar, cada palanador acadará un punto que se sumará os que consiga no fase de grupos.
As puntuacións en grupos de cinco seran: 4-3-2-1-0.

Os puntos de cada xogador na xornada serán a suma de tódolos acadados nas distintas carreiras que xogue perante a xornada.
Quen fique campión os puntos que consiga engadiranselle 2 puntos mas.
Unha vez feito o sorteo, non se admitirá a naide mais.

O palán deberá ir suxeto a muñeca por unha cincha de seguridade.

As medidas do palán e da billarda, deberán ser reglamentarias.

En cada aberto cada participante deberá abonar 2,00 € que se destinarán a trofeos e outros gastos xerais.

No hay comentarios: