2010/11/29

Adestramento-Aberto do Turrón

  O vindeiro sábado 4 de decembro, atendendo a multitude de peticións recibidas, vamos a facer un novo adestramento aberto, nesta ocasión poranse de  premio uns lotes de turróns que os tres primeiros clasificados no aberto poderán elexir.
  Non é tanto polos premios cuanto polo bén que o pasamos que esperamos contar con carros cheos de xente, o sistema será igualiño ca última vez que pensamos que ainda que é por sorteo, e bastante igualitario para todos. Si o tempo o permite farémolo en Ove, e si pinga auga voltaremos o Gregorio Sanz, xa sobre a marcha o veremos.
  Podedes anotarvos no facebook, no 636.843.377 ou tamén na propia pista de xogo ata as 15,45 h. Como os días son cortos temos que comenzar puntuales para ver a billarda e non ter que andar as apalpadas. Esperámosvos a todos.
  Tamén  e como xa saberedes, non temos patrocinador ningún, polo que seremos nos mesmos ca aportación de 1,00 € por cabeza os que merquemos os agasallos.

No hay comentarios: