2010/11/06

Entrenamento-Aberto da Castaña

Mañan domingo 7 de Novembro, aproveitando o paron la LNB, faremos un aberto na pista de Ove as 16,00 con premio para os tres primeiros clasificados. Contamos con todo aquel que queira achegarse para disfrutar deste xogo-deporte tradicional que estamos entre todos a recuperar.
 Si chove farémolo no colexio Gregorio Sanz, a cuberto da choiva.
O chou faremos dúas listas cos participantes que se enfrontaran por parellas, xogando cada palanador un mínimo de 4 carreiras. Daranse 2 puntos por gañar, 1 por empate e 0 no caso de perder. A suma dos puntos de cada xogador dará o resultado final. En caso de empates, desfaranse con novas carreiras ata conseguir un 1º, un 2º e un 3º clasificado que levaran como premio 3, 2 e 1 kg. de castañas.
Para mercalas castañas cada participante colaborará con 1,00 €
Esperamos que non chova e poder pasar unha agradable tarde billardeira. Todos a Ove, a preparar o proximo aberto do chicharo lañado en Foz.

No hay comentarios: