2010/11/08

Entrenamento a tope

   Onte domingo, non poidemos entrenar en Ove, os ceos craros de cando en cando, soltaban caldeirados de auga e ainda que agardamos todo o posible, tivemos que xogar no Colexio Gregorio Sanz, aquí polo menos, no pavillón estibemos a cuberto e non nos mollamos.
    Fumos un total de 20 palanadores, que para un simple entrenamento está mais que bén e os que levaron as castañas foron 1º Daniel, 2 º Jose (ficaron con 12 puntos cada un, e gañou Daniel o desempate con varado incluido)e 3º Markytos (11 puntos o mesmo que Isa ca que tivo que desempatar), pero isto é o de menos, o de mais é que o pasamos bén, xogamos todos e poida que atopáramos un sistema de xogo que poderíamos adoptar para a liga regular en vindeiras tempadas. Practicamente todos xogamos o mismo número de carreiras e mantívose a lo longo da tarde moita igualdade entre os palanadores.
    Temos que subliñar por riba de todo a consolidación de José María como palanador de futuro. Aos tan soio 6 nos, deunos unha lección ca súa habilidade e potencia de golpexo. Foi quen de empatar con Elena, o mesmo fixo con Isa (que finalizou no 4º posto) e foi quen de lle gañar ao seleccionador Flores (malia que iste estaba axudado dende a banda polos incesantes ladridos do seu cadelo).
    A anécdota tivo como protagonista o pateiro nómada. Luis dos Bateas, que mais tarde confesou que viña en plan espía, traía nembargantes unha billarda especialmente diseñada para a ocasión, intertar doblegar aos do Norleste, pero a fatalidade ceibose nél e no quencemento a billarda voou ata o teito do pavillón e quedou presa nunha das vigas. Alí ficou, e ficará xa que non creimos convinte chamar aos bombeiros para rescatala. Luis daquela tivo que botar man de outra billarda mais vulgar que non lle deu o resultado agardado.
    Estase a pensar xa noutra xornada de adestramento-aberto que se comunicará o seu debido tempo. Agora toca centrarse na liga que prosigue o domingo en Foz.

No hay comentarios: