2011/03/21

7ª Xornada da LNB


Onte na alameda dos Remedios de Mondoñedo celebrouse unha estupenda xornada de billarda e tal e como se esperaba houbo asistencia masiva de palanadores, as novas franquicias estiveron presentes así como algúns dos palanadores mais veterans como Servando, Bruno, Julio e a excampiona nacional Ana. Todos eles amosaron que non se lles olvidou xogar a billarda e deron bos golpes, ainda que acusaron en exceso a falta de entrenamento e quedaron as portas das eliminatorias directas. 
Como preludio da primavera que chega, o astro sol xunguiuse o carro e brilou toda a tarde, para alumear a un renacido Markytos e guialo cara a victoria final.
Xa era tempo de que o vixente campión nacional voltara para darnos unha tarde de gloria facendo dous espectaculares varados gracias os que conseguiu doblegar primeiro a Geni e logo a Eric par acadar a final.
Esta volta e debido a cantidade de palanadores, xogouse unha final a catro e acompañando a Markytos coláronse tamén dous compañeiros de equipo, os Billardeiros Musicais Daniel e Hugo; o carto en disputa foi o Bateas incombustible Xan  Rodiño, un habitual das finais en tódalas conferencias: domina no Centro, manda na Bezouqueira e cos puntos de hoxe supera a Guille e acada tamen o primeiro posto na Norleste, ainda que compartido con Daniel. Disque o seu verdadeiro apelido non é Rodiño senón "Rolo ou Rodillo".
Logo das tres carreiras regulamentarias, a clasificación quedou así. Markytos con 5 puntos Campión, Hugo segundo con 4 puntos, Xan terceiro con 4 puntos e Daniel cuarto con 3 puntos.
Os tres primeiros recibiron un pratiño conmemorativo e uns libros, agasallo do Concello, e o campión levouse a tarta  patrocinada por Txomin.
Noraboa a tribu billardeira por iste novo éxito. Tardes como ista son as que fan afición. Adiante co Varal!
 

No hay comentarios: