2012/02/07

7ª xornada "III aberto do Lacón" de Meira


Os bos rexistros de palanadores participantes nos abertos de billarda da conferencia NorLeste da LNB, non se viron alterados no derradeiro finde polas ameazas de intenso frio, polo contrario, o sábado dia 4 en Meira poidemos  disfrutar dos raios do sol e de unha agradable temperatura que nos permitiu a disputa do “III aberto do Lacón” en terrero aberto. A parte de atrás da praza do convento foi o lugar donde se montaron as dúas pistas de xogo habituais  que permitiron un discurrir axil e vistoso das carreiras.
Cincoenta e catro participantes desta volta, dos que doce eran donas, se citaron para a disputa da pata do porco. Foi esta unha xornada na que os homes se tomaron cumplida venganza da aldraxe sufrida en Castro de Riberas de Lea e reclamaron para sí a hexemonía no xogo da billarda copando os postos de honra no podio.
Boa xornada para o Spartak de Muimenta que comandados por Charli e ca incorporación de novos valores nomeadamente Tino e Miguel dan un salto de calidade e acadan a súa máxima puntuación nun aberto.
Outra das sorpresas agradables da tempada, os Troitas Bravas de A Pontenova, seguen na estela dos Remourelle Bulls  os que nas tres derradeiras xornadas foron quen de lles recortar doce puntos na loita polo terceiro posto. Terceiro posto que abandoan os Batea moi mermados de efectivos nesta xornada.
Pola súa parte os tropa lixeira (“M de Meira”), seguen turrando cara arriba, conseguiron por equipos a segunda máxima puntuación e o seu capitan Nacho fixo pleno quedando 2º no desempate final por trás do intratable Markytos.
Discreta actuación do resto dos equipos, Ekipa-Bitere, Pau de toxo, Cadaval, Madia leva e Corredoira. Tamen Os Outros estiveron floxos e abandoan a cabeza da táboa en favor dos trunfadores da xornada. Os Billardeiros Musicais pasaron como verdadeiro tsunami arrasando no seu paso toda a serra de Meira e malia os enfrentamentos directos que o sorteo lles deparou nesta ocasión, non deron trégola os rivais. A volta o equipo de xente que tiñan de baixa notouse favorablemente no seo xogo. Algúns por malmeter dixeron que Julio xogaba con dous paláns, mais non é certo, so fixo uso dun palán, o outro e un caxato no que se apoia por mor do xeonllo mancado.
Como equipo os Billardeiros Musicais bateron rexistro de puntos nunha xornada (35 de 40 posibles). Markytos e Julio conseguiron pleno, quedando en primeiro e terceiro lugar respectivamente, o que convirte o subcampion nacional Markytos no novo lider con tres puntos de vantaxe sobre Reyes.
Soamente foron superados no apartado de varados, no que Eric de Os Outros conseguiu facer dous e polos Billardeiros Daniel so fixo un.
Os premios repartironse desta maneira:
Un queixo San Simón da Costa para o mellor equipo, os Billardeiros Musicais
Un queixo San Simón da Costa para o 3º, Julio dos Billardeiros Musicais.
Un queixo San Simón da Costa e xogo de palan-billarda gravado para o 2º, Nacho de M de Meira.
Un Lacón e monteira de Campión para o 1º, Markytos dos Billardeiros Musicais.
Deixamos constancia de que O tsunami dos Billardeiros trasladouse  o domingo a Coruña donde Daniel e Franco quedaron 1º e 2º na 7ª xornada da conferencia Noroeste disputada en Vilaboa-Culleredo.

No hay comentarios: