2012/12/18

5ª xornada "Aberto do Galo"


Marcos de “Remourelle Bulls” faise co galo en Ribadeo

No pavillón do Centro Integrado Porta da  Auga de Ribadeo, celebrouse o VI Aberto de Billarda “Trofeo do Galo” correspondente a 5º xornada da LNB NorLeste.
Marcos estuda as posibilidades de trunfo que lle deparou a sorte nos emparellamentos. Non semella moi preocupado
         Corenta e cinco palanadores acudiron a cita cos ánimos ben dispostos e os paláns e billardas cas galas dun día de festa e o que non as tiña a punto, aproveitaba os momentos previos o comezo para darlles os últimos toques.
Calquera sitio vale para poñer as billardas a punto.
          Magoa que algún por se esmerar en demasía, tivera que deixar para outra ocasión a idea de estrear palán, retorto como os cornos dun carneiro vello, as medidas non eran axeitadas para o xogo competitivo e tivo que gardalo para outro aberto non puntuable.

Ainda que a afluencia foi boa, moitos equipos xogaron mermados de efectivos.
         As carreiras foron todas moi igualadas, ninguén desta volta foi quen de facer pleno, todos se deixaron algún punto no camiño, desos puntos cos que contas podes perder e doutros que ainda sin contalo ou precisamente por iso mesmo, acabas perdendo. 
        O esforzo extra ó que se viron obrigados os Bulls por mor das ausencias de Bea e de Suso Villarino,  viuse recompensado co poido final. Un so punto perdeu MARCOS o gran referente dos Bulls, que deste xeito consigue o seu segundo podio consecutivo  logo de se impoñer tamen no Abreto de Flores e brinca na súa particular escalada a clasificación xeral ata o terceiro posto.
Marcos moi centrado aproveita as súas bazas de forma maxistral
Nesta xornada tódolos equipos tiveron altos e baixos destacando so os visitantes Gharabotos, que dende as Rías Baixas nos acompañaron de novo e por riba foron os que desta volta puxeron a nota musical ao remate do aberto.  Gelín amosou as dotes de bo gaiteiro ca interpretación de varias pezas populares  ao tempo que se daba conta dunhas tortillas e chourizos regadas cuns traguiños de viño.
Malia as ausencias Elena e Guille, inmersos  na tarefa de espallar a billarda en terras brasileñas,  tamen o equipo de Os  Outros puido capealo temporal e continúa a comandar a táboa ainda con cinco 5 puntos sobre os Billardeiros Musicais e 9 por riba dos Tropa Lixeira.
Charli comanda a clasificación xeral tando en individual como en varados. Será o seu ano?
Na pista rápida do pavillón, propicia para facer varados, non se acadaron tantos como cabía de esperar. Fixeronse un total de 10 varados. Pode ser que a medida que avanza a tempada cada quen esta mais pola labor de amarrar os puntos que por expoñerse a perdelos arriscando ao varado.
Algo que non se ven tendo moi en conta polos palanadores, ainda que se ten repetido casi machaconamente, é a utilización de material regulamentario. Unha cousa é un aberto de verán ou de exhibición, no que cada quen utiliza o que lle ben en gana e non pasa nada e outra moi distinta un aberto de competición, aquí si que temos que ser respetuosos co regulamento que para eso o consensuamos. As medidas son as que son e debemos respetalas todos. O domingo prohibiuse usar un palan por non dar as medidas e asimesmo un palanador tivo que cambiala billarda ca que estaba xogando (tampouco daba as medidas). Teñamos presente que ainda que os arbitros non van prohibir taxativamente ningún material, sexa ou non axeitado a norma, si o palanador contrario fai raclamación e se comproba a irregularidade, según establece o regulamento o infractor perde non so esa carreira senón tamén todas as da xornada. Todos sabemos esto? Ben, pois evitemos malos rollos e compitamos deportivamente. Bo Nadal a todos.

No hay comentarios: