2013/11/22

4ª xornada da LNB NorLeste

"Concertazo" dos Billardeiros Musicais en San Miguel

O pavillón deportivo de San Miguel de Reinante acolleu o IV Aberto de Flores o sábado 16 de novembro con novo record de asistencia na tempada. Sesenta e oito foron os anotados, ainda que logo esta cantidade viuse reducida pola non presentación de tres palanadores. Nembargantes a competición puido resenrolarse sin maiores incidentes mais ca demora lóxica por ter que refacer enfrontamentos que a non presencia dos desertores deixaron orfos de contrincante.
Na organización dos abertos sempre se busca a máxima participación, de aí que se prermita unha certa flexivilidade e pequeñas demoras en casos xustificados, pero o sábado houbo actuacións que non deben repetirse. Non se entende que algúen, presente mentres se fai o sorteo, desapareza sin decir nada ou que outros aseguren que veñen e logo non se presenten nin xustifiquen a ausencia, provocando alteracións no desenrolo das carreiras asignadas por sorteo. De todo esto xurde que as sete e media da tarde ainda estábamos a xogar. De non nos meter no pavillón, a xornada quedaría sin acabar. Penso que todos ou a mayoría preferimos xogar ao descuberto, mais as circunstancias mandan e non se pode loitar contra os elementos ao final o que se pretende e "xogar"  e no inverno teremos que meternos por forza en pavillóns ou comenzar as xornadas as dúas da tarde.
Algúns dos participantes no "IV Aberto de Flores"
Deixando aparte negativos aspectos, que iremos mellorando paseniñamente en beneficio da competición, no deportivo temos que sinalar un novo éxito tanto de participación cuanto de competividade máxima. Enfrontamentos intensos que deparan unha grande emoción ao longo da tarde e resultados incertos ata o remate da carreira. Brincos de ledicia si lle gañas a un dos “grandes” e desencanto si te ves superado, subliñadamente cando pensas que tes a situación controlada e un cativo golpe teu ou bo do contrario bota por terra os anceios de victoria.
Boa colleita de varados, en total foron trece tiros directos e outro que lle anotamos en conta negativa a "Flores" que desafortunada e penso que inconscientemente puxo o pé cando e donde non debía, freando o percorrido dunha billarda que iba directa ao medio do varal.. Outros tantos ou mais chucharon os postes do varal pero pola parte de fora. O chan do pavillón axuda no percorrido da billarda sendo moitos os tiros directos, ainda que fai falla boa precisión, doutro xeito as billardas fuxen polo fondo da pista co que tés un tiro perdido e dás vantaxe ao teu enemigo deportivo.
Falamos de "concerrtazo" e non é para menos, por primeira vez no que vai de liga un equipo consegue o 100% de efectividade. Os Billardeiros Musicais bordaron a partitura e gañaron a xornada  cos 40 puntos posibles.
Catro dos seus representantes acadaron o pleno e xunto con Richar dos Tropa Lixeira, tiveron que xogar por os postos de honra. Os finalistas foron: Geni, Juan, Markytos, Suso Coedo (B.M.) e Richar (T.L.) que logo de facer as tres carreiras de rigor quedaron así: Campeón Markytos, segunda Geni e terceiro Suso Coedo.
En mulleres Geni foi a Campiona seguida de Maricarme (Troitas Bravas) e Paula (Carabullo de Toxo). Todos eles recibiron uns vistosos trofeos de mans do concellal de cultura escoltado por Flores en representación da LNB quen asimesmo fixo entrega de un xamón a Markitos, una ristra de chourizos e mais un pack de productos “El viejo Pescador” a Geni e un queixo a Suso Coedo. Bo proveito os gañadores e parabéns a tódolos participantes por este novo éxito billardeiro.
             Agardamos por todos na vindeira cita "VII torneo do galo" en Ribadeo, contade que con toda certeza se xogue tamén en pavillón, porque os días siguen menguando e o número de palanadores medrando.
Antes temos a cita da Copa Cantábrica en Piedras Blancas. Os nosos amigos asturianos están escollendo as mellores fabes para nos agasallar como sermpre fan. Iremos reconquistar a Copa que nos arrebataron o ano pasado. Foza billarda e adiante co varal!

No hay comentarios: