2015/10/20

2ª xornada da LNB NorLeste.

 
                       2ª xornada da LNB NorLeste.  Alto da Cadeira. 27 outubro 2015

O Cadaval é sinónimo de Vendaval.

 

Efectivamente, no alto da Cadeira quentaba o sol e ninguén contaba  que se levantara vento mais, velaeiquí que chegando os de “O Cadaval”  trocou o conto.
Ca forza dun furacán os bravos palanadores chairegos puxéronse ao mando varrendo sin contemplacións os rivais. As súas billardas certeiramente empurradas, saían a fume de carozo e fungando no ar, atravesaban o Varal sin contemplacións.
O resto de palanadores, ante a imposibilidade de frenar semellante vendaval, trocamos os palan en quebranoces e entretivémonos dando boa conta do saqueto destos frutos secos que trouxo Ismael do Aberto que a mañán se disputou en Castroverde co gallo da inauguración do Centro Social “A Chave das Noces”.


Foi unha moi boa xornada para os de Castro de Riberas de Lea, que a piques estiveron de redondear si Kiko (único palanador que chegou con pleno  a derradeira carreira) fora quen de aguantar un asalto mais. Nembargantes, a sorte foille esquiva desta volta e de posible campión inbatido do aberto, pasou a quedar fora do podio.
Boa aportación tamen a de Luis Ares e mais discreta a de Cortón, que xunto cos hoxe intratables Pepes do equipo, foron merecentes do primeiro posto por equipos, o que os leva a dar un salto na clasificación xeral e auparse ao segundo posto.
 
Un único palanador foi quen de achegarse e disputar un desempate polo segundo e terceiro  posto con Pepe Vidal, e non foi outro que Muriego dos Remourelle Bulls. 
            O Campión do aberto foi Pepe de Outeiro con 24 puntos de 25 posibles, so cedeu un punto na primeira carreira.
No desempate, Muriego gañoulle a Pepe Vidal (e colouse no medio impedindo que o podio fose monocolor.
Os gañadores foron agasallados con uns artesanais trofeos, saidos das artísticas mans de Peña (Pena Verde) e unha presada de castañas.
Parabéns aos anfitrións pola organización e marcaxe das pistas de xogo, extensiva a tódolos palanadores que se veñen dando cita xornada tras xornada e xa agandan pola vindeira que será o sábado 24 de octubre na praza dos Fornos de A Pontenova. Billarda sempre!

No hay comentarios: