O Cadaval é sinónimo de Vendaval.
Efectivamente, no
alto da Cadeira quentaba o sol e ninguén contaba que se levantara vento mais, velaeiquí que
chegando os de “O Cadaval” trocou o
conto.
Ca forza dun furacán
os bravos palanadores chairegos puxéronse ao mando varrendo sin contemplacións
os rivais. As súas billardas certeiramente empurradas, saían a fume de carozo e
fungando no ar, atravesaban o Varal sin contemplacións.
O resto de
palanadores, ante a imposibilidade de frenar semellante vendaval, trocamos os
palan en quebranoces e entretivémonos dando boa conta do saqueto destos frutos
secos que trouxo Ismael do Aberto que a mañán se disputou en Castroverde co
gallo da inauguración do Centro Social “A Chave das Noces”.
Foi unha moi boa
xornada para os de Castro de Riberas de Lea, que a piques estiveron de
redondear si Kiko (único palanador que chegou con pleno a derradeira carreira) fora quen de aguantar
un asalto mais. Nembargantes, a sorte foille esquiva desta volta e de posible
campión inbatido do aberto, pasou a quedar fora do podio.
Boa aportación tamen
a de Luis Ares e mais discreta a de Cortón, que xunto cos hoxe intratables
Pepes do equipo, foron merecentes do primeiro posto por equipos, o que os leva a
dar un salto na clasificación xeral e auparse ao segundo posto.
Un único palanador
foi quen de achegarse e disputar un desempate polo segundo e terceiro posto con
Pepe Vidal, e non foi outro que Muriego dos Remourelle Bulls.
O Campión do aberto foi
Pepe de Outeiro con 24 puntos de 25 posibles, so cedeu un punto na primeira
carreira.
No desempate, Muriego
gañoulle a Pepe Vidal (e colouse no medio impedindo que o podio fose monocolor.
Os gañadores foron
agasallados con uns artesanais trofeos, saidos das artísticas mans de Peña
(Pena Verde) e unha presada de castañas.
Parabéns aos
anfitrións pola organización e marcaxe das pistas de xogo, extensiva a tódolos
palanadores que se veñen dando cita xornada tras xornada e xa agandan pola vindeira
que será o sábado 24 de octubre na praza dos Fornos de A Pontenova. Billarda
sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario