2015/12/21

5ª xornada da LNB NorLeste


Suso Coedo botou man do Galo en Ribadeo.
 
O sábado 12 de decembro, amenceu un fermoso día en Ribadeo. Lorenzo espertou cedo e contra as 11 da mañán era xa dono absoluto e dominaba no ceo azul sin nube que lle chistara. Os seus raios amarelo-bermellos, acariñaban o chan e destacaban o brilar das gotiñas de rosada que vestían as herbas do campo de fútbol da Faxarda cando comenzou o movemento. Era chegado o intre de preparalo todo para a gran enganchada billardeira que se agarbada.
Falta Markytos, alguen tiña que tirala foto.
Sin presa pero sin pausa, o verde do ben cuidado prado, por obra e traballo de Coedo, Daniel, Franco e Markytos, foi trocando de aspecto ata se converter en dúas espectaculares pistas de billarda que agardaban a tardiña por un bo puñado de palanadores para a disputa do Aberto do Galo (co visto e prace do madrugador ciclista-palanador Manolo Pozo, que pasaba por alí).
O LNBar, tivo una moi boa acollida e funcionou seguido.
Xa pasadas as tres e media da tarde e feito o sorteo, comenzamos a xornada polos grupos que estaban completos para dar un plus de marxe aos mais rezagados.
Hervy, sin tempo para estudar o terreo, comenzou algo disperso.

Estamos no medio da tempada e a loita polos primeiros postos está moi apertada e mais que interesante con un abano de xogadores que non perden comba e fan que a loita  sexa moi parella e competida ao máximo. Os erros comezan a traer consecuencias negativas e cada quen pon o máximo esforzo e concentración en cada golpexo da billarda. Os Regueiro, Daniel, Pozo, Markytos, Coedo, Pepe Outeiro, Pepe Vidal, Iván, Xermán, Noé, etc. etc., non amosan debilidade e mantéñense xornada tras xornada nos postos altos vixiándose e agardando que algún deles mostre síntomas de fraqueza para tomarlle a dianteira.
Esta quinta xornada, na que participaron corenta e cinco palanadores (trinta e seis homes e nove mulleres), discurriu de forma moi dinámica e foi Suso Coedo quen resultou gañador con 24 puntos de 25 posibles, so deixou escapar un punto na cuarta carreira. Segundo foi Markytos que en dúas carreiras de desempate gañoulle a Iván (ambolos dous con cadanseus 23 puntos).
En donas sigue destacando o dominio de Geni que se vai alonxando de todas as demais e en equipos os Billardeiros Musicais tamén avanzan a grandes zancadas afastádose cada vez mais dos seus perseguidores, hoxe secundados por Ekipa-Bítere e por Troitas Bravas.
O Apalpador, un ano mais, baixou da montaña para xunguirse a multicolor serpe da LNB e facer entrega dos premios correspondentes os gañadores do aberto. O Galo para o campión e unas bandexas de doces Navideños para o segundo e terceiro e para o equipo gañador.
A continuacion, todos os presentes (palanadores e xeareiros) poidemos participar dunhos petiscos por xentileza de José Manuel, mais coñecido por “Mondoñedo” quen ademáis se encarga de aportar o Galo.
O equipo gañador quixo tamén agasallar a tódolos presentes repartindo os doces do seu trofeo na misma pista de xogo.
Os palanadores da LNB conferencia NorLeste, facemos un alto nestas datas do Nadal expresando os nosos mellores deseos de Paz e Prosperidade para o vindeiro 2016 en que retomaremo-los paláns e billardas para seguir competindo. Será en Castro de Riberas de Lea o día 9 de xaneiro.

No hay comentarios: