2016/01/20

6 º xornada da LNB NorLeste


Castro de Rei  9.01.16

                               Jorge Galdo de Ekipa-Bítere
 faise ca Galiña de Mos.

Tiña que chegar e vaia si o fixo, auga a caldeiros, ríos a rebordar e campos asulagados que forzaron a mudar o campo de fútebol vello de Castro de Riberas de Lea, polo pavillón deportivo de Castro de Rei como escenario da sexta xornada da liga regular de Billarda na conferencia NorLeste celebrada o pasado sábado día 9 de xaneiro.
Serpenteando e buscando atallos, os carros cheos de palanadores foron chegando a destino, mais non todos. Seica algún tivo que ficar na casa completamente aillado, agardando que as augas baixasen de nivel, mais a fame de billarda dos palanadores da Conferencia NorLeste fixo que a concurrencia fose abundante, mesmo ca achega de algún valente da irmá conferencia do NorOeste.
Xosé Collazo da conferencia NorOeste deu mostras do seu bo estado de forma. 
Dando un pouco de tempo para que ninguén quedase fora do bombo, deu comezo o sorteo e de seguido o voo das billardas encheo  po completo e tomou posesión por primeira vez do pavillón de Castro de Rei.
Hervy coloca con mimo a billarda.
Ata agora viñemos xogando fora, en prado, e o cambeo para pista cuberta de cemento, trouxo aparexado unha morea de resultados sorprendentes ou canto menos inagardados, de xeito que moitos dos favoritos, víronse sorprendidos e deixaron ó  final da xornada o seu casilleiro mais valeiro de puntos que de costume. Markytos, Xermán, Kiko, Iván e Regueiro foron as vítimas, sendo esta para eles, a peor xornada no que vai de campeonato. Pola contra, Paula, Lola Eiras, Manolo, Carlos Alvariño, Oscar e nomeadamente Jorge (que finalmente gañou a aberto), deron a nota positiva co seu acerto no día de hoxe.
Jorge comenta con Isma unn lance do xogo.
Sen prisa pero sin pausa foi correndo a tarde billardeira entre risas, alguna cerveciña que outra e por fin os tan agardados primeiros varados da tempada. Non era sin tempo que os especialista se deixaran ver, e hoxe era o día. Con todo non se poden botar foguetes, so sete, pero todos eles de tan bela feitura que desataron as gorxas en atronadores vítores e fixeron que as palmas fumegasen en prolongados aplausos. Isto é billarda: Paixón! Amizade! Sana competencia e Deporte!
Jorge foi un dos varadistas da xornada.
O pavillón de Castro de Rei foi muda testemuña da consolidación e subida ao estrelato dun novo valor: Jorge Galdo acadou a mellor puntuación e gañou o aberto.
Regueiro non tivo a tarde en Castro.
O xogador de Ekipa-Bítere, sin estarabouzo ningún, viñase posicionando xornada a xornada con unha aportación in crescendo para o seu equipo e foi desta volta quen rubricou unha xornada perfecta facendo grande a un equipo que semellaba estancado e sen visos de rexurdir.
Para o segundo posto, catro empatados: Carlos Alvariño, Milio, Pepe Vidal e Daniel, que logo das tres carreiras de rigor deixaron a Daniel como segundo clasificado
 e a Pepe Vidal como terceiro e mellor xogador local.
Aquí temos que deixar constancia do mosqueo de Alvariño que non tiña moi claro o sistema de puntuación, non é que chegase a sangue o río, pero estas situacións deixan un pouco de mal gusto que podería fácilmente ser evitado con so molestarse en leer o regulamento polo que nos reximos. Deuselle unha copia do mesmo, que está colgado neste mismo blogue.
Carlos Alvariño dándoo todo.
En donas, foi Geni a primeira seguida de Paula e de Lola Eiras.
En canto a equipos, “Billardeiros Musicais” gañaron por un so punto ós locais “O Cadaval”.
Os premios das afamadas galiñas de Mos, foron entregadas os gañadores por o alcalde de Castro de Rei D. Francisco Balado acompañado en todo momento por Mario do equipo anfitrión.
 A vindeira xornada será o 31 de xaneiro en Meira. Agardamos por todos.

No hay comentarios: