2016/04/11

8ª xornada da LNB NorLeste


Pepe de Outeiro acada o primeiro pleno da tempada 

No VII Aberto da Tarta de Mondoñedo, correspondente a 8ª xornada da conferencia NorLeste, gañou con todo merecemento Pepe de Outeiro que acadou un pleno de puntos, o primeiro que se consegue no que vai de tempada, a piques xa de terminar.

O día 6 de marzo foi a segunda xornada disputada este ano en domingo, adiada por consenso  e por mor dos torneos (non puntuables para a liga regular) de A Candeloria (Lugo) e San Rosendo (San Miguel). Dous abertos que se van consolidando e son un bo escaparate para a expansión e difusión da billarda.
          Na tranquila Alameda dos Remedios e baixo un claro-oscuro ceo, amiazante con nos bautizar en calquera momento, comenzaros a resoar os golpexos dos paláns contra as billardas que empurradas, fuxían bruando no ar en busca do varal.
Perto de medio cento de palanadores se deron cita nunha xornada moi dinámica e disputada na que de cando en vez o barruzo facia agromar algún que outro paraugas, nada serio por outro lado e que non foi quen de escorrentar aos valentes loitadores que seguían o seu.
 
         O final da xornada foi seguido con grande interese. Pepe de Outeiro tiña conseguido pleno, mais faltaba por xogar o derradeiro grupo no que Markytos tiña tamén a posibilidade de acadar os 25 puntos.
         Comenzou a derradeira carreira con Markytos abrindo a quenda de tiros e colocándose nunha boa posición perto do varal, Daniel e Tomás tamén o secundaron con bos golpes quedando Nacho, Franco e Xosiño algo mais rezagados. Segue a carreira e Markytos colaca un mui bo tiro, forte e centrado que as malas fadas se encargaron de levar contra as canas dos árbores facendo estas de potente freo para impedir un novo pleno que xa se cantaba. Nesa rolda so entrou Daniel que deste xeito deixou a Pepe de Outeiro como campión do Aberto da Tarta.
           (Disque no entorno de Markitos comentouse que a poda dos árbores debía facerse antes da segunda lúa de febreiro e que alguén tería que por esto en coñecemento dos xardiñeiros de Mondoñedo. Ven o caso a célebre frase de Felipe II “Yo no mandé a mis barcos a luchar contra los elementos”).
Sexa como sexa, parabéns a Pepe de Outeiro que gañando as cinco carreiras, acadou o primeiro posto ao tempo que tamén o, ata o de agora, único pleno da tempada.
Markytos foi segundo e para o terceiro posto, empatados a 22 puntos, estaban Suso Coedo, Rodrigo (Hervy) e Ruben, sendo este último quen se impuxo nas carreiras de desempate. 
           En donas mais unha vez domiñou Geny seguida de Lola Eiras. E no canto dos equipos, todos seguen a bailar o ritmo dos Billardeiros Musicais.
Os agasallos para os campións da xornada, doados polo Concello de Mondoñedo, como non podía ser doutro xeito foron as afamadas tartas que o Sr. Concelleiro de deportes se encargou de entregar persoalmente. O equipo gañador recibiu un botelo.

O vindeiro sábado dia 12 xogarase o “ALL STARS” na carballeira de Mosteiro e xa o día 2 de abril a novena xornada da liga regular en Vian-A Pastoriza.

 

No hay comentarios: