4ª xornada da LNB
NorLeste. San Miguel (Barreiros) 12.11.16
Solo de Markytos no aberto das castañas
No pavillón de
deportes de San Miguel, a cuberto da choiva que caía a rego cheo, tivo lugar
unha nova enganchada billardeira ca participación de cinco dúcias de
palanadores en deportiva loita por acadar os postos de honra da xornada.
En cada aberto van
aparecendo caras novas que veñen agrandar e dar maior colorido a tribu
billardeira, uns con mais fortuna ca outros, pero todos ca millor disposición
de participar e axudar a espallar o deporte da billarda. Vamos medrando, sen
prisa pero sin pausa, que como di o refraneiro “À auga de correr e ós cans de
ladrar, non llo podes privar”.
Xa que a choiva non
obrigaba a xogar a cuberto, non estábamos tan apurados de tempo e daquela
demos comezo as carreiras logo de
agardar un bo anaco para que foran chegando os que (maiormente por ser de mais
lonxe ou por mor do traballo, viñan con demora.
O resoar dos golpexos
do palán na billarda, que saía escopetada cara adiante, fundíase nun todo co
barullo xeral, que subía decibelios cando un palanador conseguía un “varado”. Hoxe si, hoxe era un bo
día para os tiros directos e foron uns cantos, dezaseis finalmente os acadados
en toda a xornada e precisamente por xogar no pavillón, a xente xogaba confiada
e non foron poucas as billardas que saían desviadas a rentes do varal.
E mentres o xogo
discurría, o seleccionador nacional Manolo Flores desapareceu e voltou cun
cargamento de castañas asadas que foron o deleite dos palanadores e xiareiros
presentes.
Os debutantes iban
paseniño entrando no xogo, con maior ou menor sorte e dando algún que outro
susto os mais veteráns. Entre os que poideramos chamar “novatos” destaca
favorablemente “Sachas”, unha das incorporacións deste ano dos Troitas Bravas,
que en moi pouco tempo, esta acadando un envidiable nivel de xogo. Encóntrase
cómodo na parte alta da táboa clasificatoria e destaca tamen en varados.
Parabéns.
Ao remate das
carreiras o dominio dos Billardeiros Musicais foi asoballante. Markytos e Manu
Pozo (24 puntos c/u) loitaron polo primeiro posto saindo gañador o bicampión
nacional, mentres que o seu compañeiro Rubén víase superado na loita polo
terceiro posto por un entonado Jorge dos Remourelle Bulls, que evitou deste xeito un podio monocolor.
En equipos, os
Billardeiros Musicais manteñen a condición de invictos e consolidan o primeiro
posto, aumentando a súa vantaxe.
No apartado de donas,
parece que Lola Eiras de Polka Miseria, está collendo forma e quere rebaixar a
distancia ca xefa Geni, hoxe como a derradeira xornada, empataron a dezanove
puntos, terceira foi Lorena con once puntos.
En varados a xornada
pechouse con dobletes de Charli, Markytos, Pepe de Outeiro e Sachas e outros
que se estrearon ata completar os dezaseis da xornada.
Os agasallos para os
primeiros foron entregados por Flores, na súa faceta de anfitrión e coordinador
do aberto, e para remate da xornada, puxo o broche de ouro con unha partida de
petiscos de torrezmos e chourizos, pan e viño do que disfrutamos todos xuntos,
aparcadas as rivalidades do xogo, en boa amizade e millor camaradería. Esto é
billarda: Xogo e festa rachada!
Antes do torneo do
Galo (10 decembro en Ribadeo), temos a disputa da “X Copa Cantábrica” en
Avilés, donde agardamos renovar título contra a selección asturiana. Estade
atentos a chamada do seleccionador Manolo Flores. Billarda sempre e adiante co
Varal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario