2017/02/22

8ª xornada da LNB NorLeste


De Pepe (de Outeiro) a Pepe (Vidal) e pillo a Tarta  
 
            O domingo 19 de febreiro de 2017, a Alameda dos Remedios de Mondoñedo púxose de gala, para acoller un ano mais unha nova edición do Torneo da Tarta, correspondente a 8ª xornada da LNB da Conferencia Norleste e foi muda testemuña do trapaso da coroa de “Rei da Tarta da LNB” de Pepe de Outeiro (gañador do ano pasado) ao seu compañeiro de equipo Pepe Vidal, que moi merecidamente se fixo co triunfo.
            Disputada e fermosa xornada de billarda da que hoxe disfrutamos na cidade monumental, cuna, entre outros destacados escritores e poetas, de Alvaro Cunqueiro. A súa Alborada Galega, era un asubío no ar que resoaba en cada golpe do palán contra a billarda.
             Ainda que as canas das árbores eran un pequeño contratempo para o xogo por alto e forzaron algún que outro erro, madrugaron os varados, desta volta xa na primeira carreira Santi abriu a lata e foi remedado por Cortón e por Angel, mais tarde irían caendo outros ata un total de nove tiros directos na xornada.

            Que o nivel de xogo vai subindo en cada aberto, amósano o que as diferencias entre palanadores cada volta sexan menos acusadas de xeito que, un so erro pode apartarte do podio e un bo golpe no momento xusto, darche un dos postos de honra da xornada.
Como exemplo de erros, ainda que todos eles a un nivel sobresainte, podemos nomear nesta ocasión a Franco ou Hervy (erros na primeira carreira), a Cortón e Regueiro (fallaron na terceria carreira) ou a Santi que fallou na derradeira rolda. De ter acertado, estarían  ao par dos gañadores da xornada.


            Destacaron con vintetrés puntos Pepe Vidal (Chainzos-Cadaval) e Tomás (Carabullo) que loitaron polo primeiro e segundo posto, saindo gañador o do Cadaval.
Para o terceiro posto e con vintedous puntos resultaron tamen empatados catro palanadores: Angel (do debutante Billarda Verde) e Daniel, Juan e Rubén (Billardeiros Musicais). Tralo desempate correspondente, foi Rubén o mais atinado.
            En equipos, os Billardeiors Musicais impuxeronse con 85 puntos ós Carabullo con 81 e ós Chainzo-Cadaval con 79. E no apartado de donas gañou Geni seguida de Carme e de Paula.
A famosa tarta de Mondoñedo, en tres formatos distintos,  agasallo do Concello de Mondoñedo foi entregada como trofeo os gañadores do Aberto, e para o equipo gañador un butelo da Fonsagrada.
A vindeira enganchada será no abertiño de San Rosendo, que o seleccionador nacional Manolo Flores organiza en San Miguel e seguirá (en data ainda sin confirmar) o ALL STAR do que informaremos con tempo.

No hay comentarios: