2017/05/22

11ª xornada da LNB NorLeste


11ª xornada da LNB NorLeste. Remourelle 20.05.17

Charli pon peche d’ouro a tempada

       Gañando en Remourelle en plan estrela, o carabullo Charli non só se fai co “Coello de Suso” sinón que por riba acada o primeiro posto na xeral proclamándose brillantemente Campión da conferencia NorLeste da tempada 2016/17. 
Como ben sendo norma,  a liga regular da LNB, pecha sempre ca xuntanza de irmandade na sede oficial, a Taberna de Lola, donde os compoñentes dos distintos equipos disfrutamos dun bó e abundante xantar, no que non faltaron anécdotas e contos varios antes da derradeira enganchada billardeira da tempada. Mais tarde voltaríamos a taberna para gozar, outra vez todos xuntos, da “torreznada” e facer a entrega de premios.
A tarde nun puido estar mais acorde co festeiro acontecemento e comenzou a xornada pondo en liza a cinco dun total de seis grupos, que se bateron sen trégola, uns para manter o posto actual e outros para tentar escalar algún chanzo na xeral, mais no tocante os clasificados para as finais de Santiago, todo quedou como estaba. Ainda que Regueiro, Franco, Rubén, e Markytos estaban amiazados pola cercanía de Alvariño, Jorge Galdo, Suso Coedo e Hervy como enemigos con posibilidades  de desbancalos, tremaron do posto sin desmaio. Entrou na lista nembargantes Carlos Alvariño pola ausencia de Juan.
           O derradeiro grupo en xogar era o prato forte da xornada, conformado polos nove primeiros clasificados e de donde saíria o podio da tempada. Comezo parello dos catro aspirantes ainda que logo da terceira carreira, Charli e Manu Pozo recuperaban un punto respecto a Daniel e Rubén mentres Geni era a mais regular e dominaba o grupo. A cuarta carreira foi clave para o troco no liderato. Daniel botou por dúas veces a billarda a rentes do varal e viu como os demais o adiantaban sin esforzo. E para remate na derradeira carreira, Charli arriscou e fixo un impresionante varado co que puxo o peche d’ouro a tempada ca consecución do título da conferencia o tempo que impedía o pleno que Geni estaba a punto de acadar e que a postre lle permitiu xogar un desempate ca propia Geni (que foi segunda) e mais con Hervi (terceiro) e gañar tamén a xornada.
          O segundo posto da xeral foi para Rubén Fernández e o terceiro, logo dun desempate co seu compañeiro de equipo Manu Pozo, foi para Daniel.
En varados, houbo que facer tamen desempate entre Markytos e Santi, sendo o percu dos billardeiros quen mais redobrou. O terceiro posto, unha vez mais, por desempate de cinco aspirantes foi para Sachas.

A categoría de donas estaba sentenciada e foi corroborada hoxe ca sobresainte actuación de unha Geni pletórica que acada o quinto posto da xeral absoluta. Segunda Lola Eiras e terceira Paula.
            En equipos tampouco se produxeron cambios sendo os Billardeiros Musicais os primeiros, seguidos de Carabullo e de Chainzos-Cadaval.

Por riba do consabido “Coello de Suso”, houbo entrega de premios para os tres mellores de cada categoría así como para o infantil Manu Caldeiro. Os agasallos foron aportados polo Concello de Ribadeo e tamén feitos artesanais polos propios palanadores, Isma, Manu e Pedro. A todos eles Graciñas.

      O vindeiro domingo 28 no Castiñeiriño (Santiago de Compostela), xogaránse as finais cos clasificados das outras conferencias. Pola NorLeste están clasificados os seguintes:

Categoria Absoluta: Charli, Rubén Fernández, Daniel, Manu Pozo, Geni, Santi, Isma, Pepe Outeiro, Pepe Vidal,Tomas, Franco, Regueiro, Rubén, Markytos e Carlos alvariño.

Categoría donas: Geni, Paula, Lorena e Bea.

Equipos: Billardeiros Musicasi, Carabullo e Chainzos-Cadaval.

Varados: Markytos, Santi, Sachas, Charli, Çhousa, Manu Pozo e Pepe Outeiro.
 
Infantil: Manu Caldeiro
 
Sairá da Estacion de Buses de Ribadeo a guagua da LNB as 7:30 h para ir recollendo xente e comenzar as finais as 11:00 h. Rogamos a máxima puntualidade.

No hay comentarios: