2017/09/26

1ª xornada da LNB NorLeste 2017.18


1ª xornada da LNB NorLeste. Castroverde 24.09.17
Xa estamos de volta!

Pasado o verán e despois dos torneos habituais (Xotramu en Muimenta, Año Mouro en San Miguel, Pitu Caleya en Pillarnu-Avilés, Xabaril en Baltar e algún outro), de novo as billardas comezaron a voar na conferencia Nai da LNB.
 
O domingo 24 de setembro, arrincou a nova tempada da liga regular ca estrea dun novo escenario billardeiro. O campo de fútbol de Castroverde, perfectamente axeitado para a ocasión polos compañeiros da Asociación cultural “A chave das Noces”, puxo a primeira pedra desta nova tempada que se antoxa emocionante d competitiva donde as haxa. Moitos galos que ainda cantan bén e novos polos que loitan por desbancalos e facerse co mando do corral.
Lumeee!! Que isto promete.

Como había tres pistas dipoñibles, a xente nun se apurou moito e retrasouse o comezo dando tempo a que algún rezagado fose chegando.
           Boa temperatura e moitas nubes no ceo, que soltaron unhas cantas pingas nun momento do encontro, pouco duraron abofé e ainda que abondosase non chegaron a maiores.
          Nun campo de herba de 50 metros de longo, non era sinxelo facer varados. Algunha billarda rondou o varal mais sin chegar a traspasalo dun solo golpe polo que este apartado quedou deserto.
Foi esta unha primeira xornada dominada polos favoritos (os galos vellos hai que roelos) donde se colou un dos polos aspirantes que xa non é ninguna sorpresa: Sachas de
“Troitas Bravas” fixose  ca primeira plaza acadando 24 dos 25 puntos en xogo. Pola contra veterans como Muriego, Hervi, ou Jorge Galdo andiveron algo froxos. 
 Subliñar que o italogalego Franco está mancado da man dreita e ainda así xogou, mais a esquerda non lle deu bo resultado, agardamos que para a vindeira xa esté en forma.
Moi boa a participación de Manu Caldeiro e de José María en infantis e destacada actuación de Paula de “Chainzos-Cadaval” (primeira das donas superando por un punto a bicampioa nacional Geni).
Notouse un pouco a inactividade do verán e algún dos equipos presentou baixas nesta xornada e outros están ainda en fase de renovación pero todos deron o mellor de si moi atentos a ir tomando posicións cara a clasificación xeral.

Logo das cinco carreiras regulamentarias, como xa dixemos saiu Sachas gañador do aberto e Santi de “Carabullo” e Manu Pozo de “Billardeiros Musicais” xogaron un desempate polo 2º e 3º postos. Como xa se pode deducir polo nome do equipo, Santi foi o mais hábil cos paus e mandou a Manu Pozo ca música a outra parte.
Por equipos, os Billardeiros Musicais de Ribadeo sairon vencedores, con 75 puntos, seguidos de Troitas Bravas con 69 e Carabullo con 67.
Como premio para os tres primeiros, sendos queixos que lles foron entregados por representantes de “A Chave das Noces” e para o primeiro equipo unha fermosa e rica empanada que foi compartida por tódolos presentes a par que uns petiscos de chourizo e criollo que a organización tiña preparados. Por suposto non faltaron as noces que tamén compartimos.
E así demos por finalizada a xornada e comezada a tempada 2017/18. Quedamos citados para o 14 de octubre celebrar a 2ª xornada, esta vez en A Pontenova. Mais antes o sábado 30 algo haberá en Castro de Rei.
            Agardamos seguir disfrutando deste noso deporte e compartilo cada vez con mais xente que queira pasalo ben. Billarda sempre!

 

No hay comentarios: