2019/03/12

9ª xornada NorLeste. Tempada 2018.2019

Cortón festexa o Antroido gañando a tarta de Mondoñedo

O sábado 9 de marzo, nunha tarde de sol espléndida, a alameda dos Remedios de Mondoñedo foi paseniñamente enchéndose de palanadores listos para disputar a 9ª xornada da LNB NorLeste.
Equipo de Troitas Bravas "Vaia Tropa"
De entre a xente que se iba achegando (atraida polo desfile do antroido que estaba tamén a piques de comenzar) e dos xogadores que afinaban punteria golpeando as billardas cara o azul mentres agardaban o resultado dos sorteos, para dar comezo a xornada, foron aparecendo divertidas figuras: un simpático e moi logrado Charlie Chaplin, un bombeiro, un cirurxán, unha labrega, unha parella de mineiros..., ata unha fera. Eran os compoñentes de Troitas Bravas que viñan en plan comparsa. Ainda sin comenzar xa tiñan conseguido o primeiro posto en vestimenta. Parabéns por ese puntiño de humor. Sodes grandes.
Comenzaron as carreiras que se sucederon a bo ritmo, so interrumpidas de cando en vez por algún despistado, que se metía a cruzar polo medio das pistas de xogo sin ter en conta o perigo que corria, ainda que rapidamente e con grande estrondo era advertido e arredado do lugar polos xogadores.
                       
 Non foi unha tarde de grandes puntuacións, o adoquinado da alameda, desta volta fixo algún extrago e so oito xogadores foron quen de facer vinte ou mais puntos, destacando Cortón de Chainzos-Cadaval que tivo unha moi boa tarde e rematou gañando a xornada con vintetrés puntos. Segundo foi Chousa de Carabullo que se desfixo nun desempate de Manolo Pozo de Billardeiros Musicais.
Santi fixo o único Varado da xornada
Escasa e inusual neste terrero a colleita de Varados, so un tiro directo entre os dous postes do varal nesta xornada, que acadou Santi de Carabullo.
                       
En donas, empate no primeiro posto entre a campioa de Billardeiros Musicais, Geni e Ana de Chainzos-Cadaval, seguidas a so un punto de Lorena tamén de Chainzos.
 Na entrega de Premios, Geni recibiu de mans de Xermán un agasallo por ser a palanadora con mais xornadas de competición. Neste día cumpre a xornada número200. Parabéns e a seguir polo menos outras tantas.
Por equipos, gañan os Billardeiros Musicais de Ribadeo con 81 puntos e recortan cinco con respecto os líderes Carabullo, hoxe segundos con 76 puntos e terceiros os Troitas Bravas que fixeron 75 divertidos puntos.
E xa de seguido temos eiquí o Día das Estrelas 2019. Este ano toca a conferencia NorLeste a organización asi que o campo de fútbol de “a min a” de A Pontenova será o lugar donde as estrelas da Billarda das tres actuais conferencias, luzan e brilen con maior esplendor. Sera o vindeiro sábado 16. Sorte a Billarda semepre!

No hay comentarios: