2018/01/31

8ª xornada da LNB NorLeste 2017-2018

Markytos gaña e Billardeiros Musicais non desafinan
 O “Torneo do Lacón” de Meira, correspondente a 8ª xornada da LNB NorLeste, que vai xa pola súa novena edición e que se xogou o domingo 28 de xaneiro, troca de nome para se corverter no “Memorial Pepe da Flor” en recordo do prematuramente desaparecido compañeiro Pepe. Desta maneira queremos dar testemuña de que sempre seguirá estando con nos. E pumba!
Xogouse no pavillón deportivo e nos acompañaron representantes das outras dúas conferencias, María e Luis Pirucha (Conferencia Rias Baixas) e Merche, Dilan, Kevin, Roi e Xulio Vilas (conferencia NorOeste), que axudaron a que nesta xornada se batera o rexistro de participación da tempada ao tempo que amosaron todos eles un alto nivel de xogo, subliñadamente Pirucha e Vilas, con vinteún puntos e un varado o primeiro e dezanove puntos e dous varados o segundo.
Destacada xornada para os especialistas en tiros directos donde brilou con luz propia o actual campión nacional na especialidade  e tamén campión absoluto Markytos con tres varados. Dous fixeron Albino, Charli, Manu Pozo, Pepe de Outeiro, Rubén, Santi e Xulio Vilas. En total foron vintenove varados, un bo número ainda que non se achega o rexitro acadado nesta misma pista na pasada edición na que a cifra foi de trinta e oito, que é a mellor marca ata o de agora nunha xornada da conferencia Norleste.
No ar estaba o reto de acadar os trinta e tres que faltaban para a chegar aos 3.000 na LNB. Non puido ser, mais deixamolo doado para a vindeira xornada dos irmáns da conferencia NorOeste; si eles non consiguen os catro que faltan (teñen xornada o domingo catro a mañán, ainda que en terreo de herba deben que afinar  moito), voltaremos a ter nos una nova oportunidade en Mondoñedo.
 Disfrutamos de una estupenda tarde billardeira na que reinou a deportividade e por riba de todo o bo talante dos palanadores con chispazos de bo humor e alguna culada que outra tamén.
 Markytos fíxose co triunfo no terreo individual, o que lle permite escalar cinco postos na xeral e poñerse segundo en varados. Santi que tamén sube dous postos e se coloca primeiro en varados, foi o segundo. Polo terceiro posto tiveron que loitar Daniel, David Navallo, Franco e Luis Pirucha. Finalmente, foi o convidado Pirucha, enrolado no equipo Gharaboto de Marín o que acadou o terceiro posto.

Desta volta, todas as féminas tiveron unha notable participación con moi boas puntuacións, de tal xeito que para o primeiro posto houbo un empate entre Geni, Lola Eiras, Lorena e Maricarmen. Curiosamente Paula non tivo o seu mellor día, malia a eso, manten o segundo posto na xeral de donas.
Billardeiros Musicais dominaron por equipos superando a Carabullo e Chainzos-Cadaval que na xeral ocupan estas mismas posicións. Parece que a loita polo terceiro posto vai ser emocionante entre Chainzos-Cadaval e Troitas Bravas que están so a nove puntos un doutro. Os dous primeiros, camiñan con paso firme cobrando pouco a pouco mais ventaxa e non semella que vaian a ceder, mais nada está asegurado e ainda quedan xornadas dabondo para que calquera poida acadar o campionato.
Pola Asociación M de Meira, Lola Eiras, Oscar Coto e Hervi, fixeron entrega dos agasallos aos campións da xornada. Temos que subliñar que Luis Pirucha, facendo honra da súa condición de vegano, renunciou o botelo que lle correspondía como terceiro clasificado en favor David Navallo (que quedou cuarto).
A LNB xa ten un novo berro de guerra que engadir o xa famoso "Xan Rodiño nun bebe viño" en adiante tamén se dirá: "Luis Pirucha, nin botelo nin cachucha".
           A vindeira xornada xa non metemos de cheo no carnaval. Agardamos saber xa de que se vai disfrazar este ano Flores para o VIII Aberto da Tarta que xogaremos na alameda dos Remedios de Mondoñedo o 10 de febrero. Saúde e billarda sempre!

2018/01/17

7ª xornada da LNB NorLeste 2017/18


7ª xornada da LNB NorLeste. Castro de Rei 13 xaneiro 2018

ALBINO COROASE GAÑADOR EN CASTRO

 Catro foron as “Galiñas de Mos” polas que os palanadores da conferencia NorLeste da LNB loitaron no pavillón de Castro de Rei, donde por mor da choiva se disputou a sétima xornada da liga regular.
Notable asistencia de participantes que confirma a boa saúde da que goza a billarda. As obrigadas baixas que se producen por traballo ou compromisos varios, veñen sendo cubertas coa incorporación de xente que se reencontra co xogo-deporte da súa xa lonxana nenez.
Albino di que xogou moito de neno e abodé que o demostra
A victoria de Albino (pleno de carreiras gañadas) de Carabullo, pode que sexa unha sorpresa, mais non o é tanto si nos fixamos na súa progresión ascendente dende que se integrou á multicolor serpe da LNB. Un fichaxe galáctico que lle dá un plus de calidade o xa de por sí potente equipo de Ponte de Outeiro e que confirma que o ben aprendido non se olvida.
A loita este ano está sendo moi esixente con tres equipos que se van turnando como gañadores da xornada. Os Billardeiros Musicais gañaron hoxe e siguen ao comando da clasificación, mais tanto Carabullo como Chainzos-Cadaval e Troitas Bravas, por este órden, non se desapegan damasiado. Catro equipos loitando polas tres prazas que dan dereito a xogar as finais de Santiago e cada volta menos xornadas para acadalas.
No terreo individual ocorre o mesmo, Charli atópase cómodo e aguanta firme no primeiro chanzo, mais non pode descuidarse porque agardando a botarlle o dente están Manu Pozo, Regueiro e Daniel que son os que teñen mais posibilidades sin olvidarnos de algún outro. Santi, Markytos e Pepe Vidal ao perder unha xornada, están algo alonxados mais non poden descartarse tampouco.
En donas, Geni vai alonxándose e deixa como única alternativa a Paula, ainda que xa, a considerable distancia. Hoxe foi tamén a mellor en donas seguida de Chinita e de Lorena.
 

Con tres varados acadados, Santi foi o mellor da xornada e Regueiro fixo dous.  En total conseguíronse catorce no pavillón de cemento de Castro de Rei. Deberían haber sido algún mais que levaban camiño do varal pero as billardas voaron tan alto que o teito se ocupou de frealas.
 
Cortón ca súa "pita" como mellor xogador local.
Rematada a xornada, de mas de D. Francisco Balado, alcalde de Castro de Rei, asistido por Mario do clube de bolos “O Cadaval”, repártironse os agasallos da seguinte forma:
1º individual: ALBINO (Carabullo). GALIÑA DE MOS e trofeo.
   id          : MANU POZO (Billardeiros Musicais). GALIÑA DE MOS.
1ª dona:        GENI (Billardeiros Musicais). GALIÑA DE MOS.
1º equipo anfitrión: CORTON (Chainzos-Cadaval). GALIÑA DE MOS.
1º equipo: BILLARDEIROS MUSICAIS de Ribadeo. Dúcea e medio de ovos.
2º equipo: CARABULLO de Ponte de Outeiro. Dúcea de ovos.
          A vindeira xornada será o 28 de xaneiro en Meira, no VIII Aberto do lacón. Saúde e billarda sempre!