SUPERLIGA DE BILLARDA LNB
FORMATO ABREVIADO DAS REGRAS DE XOGO
Terreo de xogo: 50 x 20 m ., adaptándose en todo caso a pista dispoñible en cada aberto (normalmente pistas de futbito, tenis ou baloncesto)
Varal: Dous postes situados a 3,60 m. un do outro (pode ser unha porteria de futbito ou balonmá na que non conta o longueiro). Si a billarda vai entre os dous poste a altura que sexa, é punto válido.
Zona de saque: Un cadrado de 60 x 60 cm . marcado no extremo do terrero de xogo oposto ó Varal.
Palán: Pao co que se golpea. 60,00 cms. de longo. Diámetro entre 1,50 e 3,00 cms.
Billarda: Pao que recibe o golpexo. Entre 18,00 e 25,00 cms. de longo. Diámetro entre 1,50 e 3,00 cms.
Fundamentos do xogo
O xogo consite en tratar de chegar coa billarda ata o varal no menor número de golpes e antes co teu contrincante. Para elo os palanadores sitúanse na zona de saque e dende alí en orden alternativa cada un fai o seu lanzamento.
Cá billarda no chan e sobre a zona de saque, o primeiro palanador (así se chama o xogador de billarda) golpea co palán á billarda nun dos seus extremos para que brinque e unha vez no ar, debe baterlle de novo cara o varal sen que caia ó chan.
En cada turno, cada xogador so ten unha opción de golpe válida, e decir: sempre que toque a billarda co palán, ainda que esta non se levante, considérase opción de tiro e o turno pasa ó seguinte palanador.
A billarda nunca se pode golpear dende que toque no chan despois de ser levantada, pero mentres que non o toque pode ser golpeada no ar, unha dúas ou as veces que a habilidade do palanador llo permita.
Cando un xogador consigue introducir a billarda no varal de un so golpe, chámase "varado" e termina a súa participación nesa carreira, neste caso ó seu contrario tería que facer a mesma xogada para empatar, se nón o consigue, a partida xa ten gañador.
Se no primeiro lanzamento non se consegue varado, o palanador fai o seguinte lanzamento dende o lugar no que se detén a billarda.
Está prohibido mover, parar ou desviar a billarda intencionadamente mentras está en movemento, pero antes do lanzamento, permítese colocar a billarda ou xirala sobre o seu eixo, pero non desplazala. Se un lanzamento toca no terrero de xogo e sae fóra polo lateral da pista ó seguinte faise dende o punto da liña por onde a billarda saiu fóra, o que chamamos "saque de banda", pero si a billarda sae polo lateral directamente sin tocar no chan, vólvese ó sitio de donde lanzamos.
Si o lanzamento sae pola liña de fondo, toque ou non na pista antes de sair, vólvese o sitio de donde lanzamos.
Para que unha billarda se considere fora, debe traspasar completamente a liña de marca do terrero de xogo. O mesmo ocurre no varal, a billarda ten que cruzar completamente a liña para que sea tanto válido.
Xogando en parellas, gaña a partida (a que chamamos carreira) aquel xogador que consegue meter a billarda no varal antes ca o seu contrincante, pero sempre co mesmo número de lances feitos por cada xogador. Si ámbolos dous embocan no mismo número de golpes, producese un empate.
Si xogamos en grupos de mais de dous, establecese unha puntuación (por exemplo 3 puntos ó primeiro, 2 ó segundo e 1 punto ó resto de palanadores), pode darse o caso de que mais de un xogador, mesmo todos eles, consiga a máxima puntuación si marcan no mismo turno de tirada. De non ser así, logo de que alguén consiga marcar, na seguinte rolda a puntuación será a seguinte que lle corresponda.
Xogase a unha, duas, tres ou mais carreiras e para a puntuación final súmanse os puntos acadados por cada palanador en cada carreira.
Un exemplo:
Grupo de 5 palanadores
Puntuación 3,2,1,1,1, (pódese establecer outra calquera 4,3,2,1,0 ou 5,4,3,2,1 etc. etc.)
O Primeiro que marca, consigue 3 puntos, séguese ata acabar a rolda de tiros, si nadie mais marca, na seguinte rolda o que marque tera 2 puntos e o acabar a rolda acabase a carreira xa que os seguintes lles correspondería 1 punto.
Si na mesma rolda son varios os que marcan, todos eles levan o mismo número de puntos, na rolda seguinte baixase a puntuación ata donde corresponda según cantos acertaran na anterior, e decir, si se puntúa 3,2,1,1,1 e marcan dous palanadores, os dous puntúan 3 puntos e os seguintes xa so lle quedaría 1 punto. O mesmo si son tres ou mas.
1ª) A Liga regular comprende 14
xornadas puntuables (auméntase a de Riotorto) que se fixarán seguindo o
patrón das tempadas anteriores e antes do comezo da tempada. Además disputaránse distintos torneos que non serán
puntuables e que se poderán xogar polo sistema da liga ou por grupos e
eliminatorias para así acadar un campión de torneo.
2ª) Para a liga regular, os participantes van todos a un
bombo e por sorteo directo vanse conformando seis grupos (agás na
derradeira xornada), normalmente de 8, 9 ou 10 xogadores cada grupo).
Para a derradeira xornada os grupos conformaranse segundo a clasificación
nese momento, e dicir: se os grupos son de sete persoas, por exemplo, nun grupo
estáran os sete primeiros clasificados que estén presentes, noutro grupo os
sete seguintes e así sucesivamente.
4ª) A clasificación FINAL de cada palanador será a suma
dos puntos acadados nas catorce xornadas disputadas. Para decidir o campión da
tempada en caso de que dous ou mais xogadores rematen co mismo numero de
puntos, atenderase a quén deles gañou mais xornadas, quen fixo maior número de
puntos nunha xornada, quen foi o mellor segundo e así sucesivamente.
No caso de que dous ou mais equipos rematen tamén
empatados a puntos, seguirase o mismo criterio (que equipo gañou mais xornadas,
cal foi o mellor segundo etc.).
Tendo en conta que a billarda se xoga polo sistema de abertos, tódolos palanadores de forma individual ou en equipo, poden participar libremente nos abertos de calquera das conferencias existentes si ben so poderán clasificarse para disputar as finais de Santiago na que corresponda a súa demarcación. No resto puntúan so de forma testimonial e para o propio aberto que disputen.
Para axilizar e comenzar ca máxima puntuabilidade, cada equipo debe ter comunicado con anterioridade os nomes dos palanadores que van a participar no aberto. O sorteo farase 1/4 de hora antes da establecida para o comezo e na presencia de alomenos un representante de cada equipo. Si algún xogador se presenta unha vez feito o sorteo, irá o grupo que menos xogadores teña ou ó que coresponda por orden.
12ª) Cada un dos equipos participantes debe ter dispoñible varias persoas para arbitrar e levar o control das puntuacións dos palanadores en cada carreira. Tamén será responsaabilidade do equipo que organice o aberto ter todo disposto (marcar pistas, liñas de saida e de varal etc.etc. e, de ser posible dispoñer de una mesa e dúas ou tres cadeiras).
En cada aberto, cada participante deberá abonar 2,00 € que se destinarán a trofeos e outros gastos como o seguro de resposabilidade civil. Os cativos de menos de 14 anos quedarán exentos de pago.
LNB 2019/20
REGRAS DE XOGO DA CON FERENCIA NORLESTE
3ª) Xogaránse cinco carreiras con puntuación de
5,4,3,2,1,0 do seguinte xeito: o primeiro que entre sumará 5 puntos ao igual
que todos os que entren nesa rolda. Na seguinte tirada, todos xogan por 4
puntos (independientemente do número de xogadores que entrasen con 5), e ainda
que nadie marque nesa tirada, a seguinte xa será por 3 puntos, a seguinte
por 2, a seguinte por un e quen non marque queda con 0 puntos. O gañador do
aberto será quen teña mais puntos o final do aberto.
En caso de empates decidirase xogando dúas ou tres carreiras para
definir os tres primeiros postos do aberto, segun sexan dous ou mais os
empatados e decir:
2
empatados xogan 2 carreiras, si persiste o empate, outra carreira e si
ainda siguen igual entón farase ó tiro mais longo.
3 ou mais empatados xogan 3 carreiras e de
persisitir empate xogarase outra carreira e xa sí, ó tiro mais longo.
Cada xogador sumará
para sí os puntos conseguidos nas cinco carreiras.
5ª) O xogador non poderá tirar ata que llo
mande o árbitro, e unha vez tirado, non poderá tocar a billarda ata que o
ártibro vexa donde caeu. Pola súa banda, o árbitro
debe estar colocado por detrás do xogador que tira para que a súa visión
da traxectoria da billarda sea correcta, tamén
contará cun o dous xuices de varal que confirmarán si a billarda traspasou a
liña de varal ou non.
6ª) Cada equipo poderá participar con cantos
xogadores desexe sin ser necesario que xoguen sempre todos en cada aberto:
poden xogar os que queiran, pero xoguen os que xogen, só puntúan para o equipo
os catro que consigan mellor puntuación en cada xornada.
Pódese participar nos torneos sen ter equipo, e pode facerse un equipo só
para un torneo. Ao longo da liga pódense incorporar novos equipos a
competición, si ben so acadarán puntuación nas xornadas que xoguen,
considerándose perdidas as que hasta ise intre teñan transcurrido. Tamén se
permite a incorporación de novas fichaxes para o equipo perante a liga, sempre
que non teñan xogado esa tempada noutros equipos, non tando permitido que os
palanadores cambien de equipo para non alterar a competición.Tendo en conta que a billarda se xoga polo sistema de abertos, tódolos palanadores de forma individual ou en equipo, poden participar libremente nos abertos de calquera das conferencias existentes si ben so poderán clasificarse para disputar as finais de Santiago na que corresponda a súa demarcación. No resto puntúan so de forma testimonial e para o propio aberto que disputen.
Para axilizar e comenzar ca máxima puntuabilidade, cada equipo debe ter comunicado con anterioridade os nomes dos palanadores que van a participar no aberto. O sorteo farase 1/4 de hora antes da establecida para o comezo e na presencia de alomenos un representante de cada equipo. Si algún xogador se presenta unha vez feito o sorteo, irá o grupo que menos xogadores teña ou ó que coresponda por orden.
7ª) As medidas do palán e da billarda, deberán ser
regulamentarias. (Palán 60 cms. de longo e entre 1,5 e 3 cms. de
diámetro. Billarda entre 18 e 25 cms de longo e entre 1,5 a 3 cms. de
diámetro).
Si un xogador fai reclamación de que o contrario está usando material fora
das medidas regulamentadas, faranse as debidas comprobacións e de ser certo, o
infractor será sancionado ca perda de todas as carrerias xogadas con
ese material. O palán deberá ir suxeto a muñeca por
unha cincha de seguridade OBLIGATORIA
para xogar nos abertos da LNB.
8ª) As árbores, farolas ou distintos obxetos fixos que
existan na pista de xogo, consideraranse elementos do xogo; polo tanto si a
billarda bate contra eles será como si batera contra o poste do varal,
considerándose válido o lugar en que acaba a billarda. O mesmo ocurre si a
billarda bate accidentalmente noutro xogador, no árbitro o en calquera que
distraidamente poidera cruzar a pista no momento do xogo.
9ª) Si ó ser golpeada unha
billarda por un palanador peta noutra que estea parada, esta debe volverse ao seu
sitio e a que golpeou fica donde se pare.
10ª) Si o xogador que ten o turno de tiro fose, a criterio
do árbitro, molestado no momento de golpear a billarda poderá optar ou non por
repetir o golpe. Cando o infractor sexa outro xogador, que o faga intencionadamente,
será sancionado ca perda dos puntos acadados nesa carreira.
11ª) Os desempates que por calquera circunstancia houbera
que facer, faranse a carreira completa entre os empatados. Si excepcionalmente
se decide xogar á un só tiro, gañará o que consiga achegar a billarda mais
perto do varal e sempre que a billarda non saia directamente fora do
terreo de xogo.
12ª) Cada un dos equipos participantes debe ter dispoñible varias persoas para arbitrar e levar o control das puntuacións dos palanadores en cada carreira. Tamén será responsaabilidade do equipo que organice o aberto ter todo disposto (marcar pistas, liñas de saida e de varal etc.etc. e, de ser posible dispoñer de una mesa e dúas ou tres cadeiras).
En cada aberto, cada participante deberá abonar 2,00 € que se destinarán a trofeos e outros gastos como o seguro de resposabilidade civil. Os cativos de menos de 14 anos quedarán exentos de pago.
13ª) Os varados acadados en pavillóns, so se considerarán
como tal, cando entren no varal directamente polo ar, sin tocar no chan ata ter
traspasado a liña de meta.
14ª) Os horarios dos abertos serán respectados, tendo que
comenzar en todo caso cun retraso máximo de 15 minutos.
15ª) No caso de que algún xogador solicite adiantar as súas
carreiras, e sempre que ninguén do seu grupo se opoña, estas poderán disputaranse
alternado cos outros grupos do seu campo ou todas seguidas, según se acorde a
pé de pista.