LNB 2024/2025
REGRAS DE XOGO DA CONFERENCIA NORLESTE
1ª) A Liga regular comprende 14 xornadas puntuables que se fixan seguindo o patrón das tempadas anteriores e antes do comezo da tempada. Además disputaranse distintos torneos que non serán puntuables e que se poderán xogar polo sistema da liga ou por grupos e eliminatorias para así acadar un campión de torneo.
2ª) Para a liga regular, os participantes van todos a un bombo e por sorteo directo vanse conformando 6 ou 8 grupos normalmente de 8, 9 ou 10 xogadores cada grupo, dependendo si se pode ou non dispor de tres ou catro campos. Nembargantes para a derradeira xornada da tempada, os grupos conformaranse segundo a clasificación nese momento, e dicir: se os grupos son de sete persoas, por exemplo, nun grupo estáran os sete primeiros clasificados que estén presentes, noutro grupo os sete seguintes e así sucesivamente.
3ª) Xogaránse cinco carreiras con puntuación de 5,4,3,2,1,0 do seguinte xeito: o primeiro que entre sumará 5 puntos ao igual que todos os que entren nesa rolda. Na seguinte tirada, todos xogan por 4 puntos (independentemente do número de xogadores que entrasen con 5), e ainda que nadie puntúe nesa tirada, a seguinte xa será por 3 puntos, a seguinte por 2, a seguinte por un e quen non marque queda con 0 puntos. O gañador do aberto será quen teña acadado mais puntos o remate da xornada. En caso de empates decidirase xogando dúas ou tres carreiras para definir os tres primeiros postos do aberto, según sexan dous ou mais os empatados e decir:
2 empatados xogan 2 carreiras, si persiste o empate, outra carreira e si ainda siguen igual entón farase ó tiro mais longo.
3 ou mais empatados xogan 3 carreiras e de persistir empate xogarase outra carreira e xa sí, ó tiro mais longo.
Cada xogador sumará para sí os puntos conseguidos nas cinco carreiras mais un punto adicional por cada varado acadado.
Considerarase “varado” cando a billarda traspase a liña de varal dun so golpe (ou mais si estos se dan mentres a billarda está no ar), aínda que a billarda toque no chan antes de entrar no varal. Soamente xogando en pavillón ou pista rápida (cemento ou similar) o tiro ten que ser directo, sin tocar o chan ata traspasar a liña de varal.
4ª) A clasificación FINAL de cada palanador será a suma dos puntos acadados en todalas xornadas disputadas na tempada. Para decidir o campión da tempada en caso de que dous ou mais xogadores rematen co mismo número de puntos, atenderase a quen deles gañou mais xornadas, quen fixo mais segundos ou mais terceiros, quen fixo maior número de puntos nunha xornada, quen foi o mellor segundo e así sucesivamente. No caso de que dous ou mais equipos rematen tamén empatados a puntos, seguirase o mismo criterio (que equipo gañou mais xornadas, cal foi o mellor segundo etc.).
5ª) O xogador non poderá tirar ata que llo mande o árbitro, e unha vez tirado, non poderá tocar a billarda ata que o ártibro vexa donde caeu. Pola súa banda, o árbitro debe estar colocado por detrás do xogador que tira para que a súa visión da traxectoria da billarda sexa a correcta, tamén contará cun xuiz de varal que confirmará si a billarda traspasou a liña de varal ou non (pode ser que a billarda pete despois da liña de varal e retroceda po campo, neste caso será punto válido).
6ª) Cada equipo poderá participar con cantos xogadores desexe sin ser necesario que xoguen sempre todos en cada aberto: poden xogar os que queiran, pero xoguen os que xoguen, só puntúan para ó equipo os catro que consigan mellor puntuación en cada xornada.
Pódese participar nos torneos sen ter equipo, e pode facerse un equipo só para un torneo. Ao longo da liga pódense incorporar novos equipos a competición, si ben so acadarán puntuación nas xornadas que xoguen, considerándose perdidas as que hasta ise intre teñan transcurrido. Tamén se permite a incorporación de novas fichaxes para o equipo perante a liga, sempre que non teñan xogado esa tempada noutros equipos, non estando permitido que os palanadores cambien de equipo para non alterar a competición.
7ª) Para axilizar e comenzar ca máxima puntualidade, cada equipo debe ter comunicado con anterioridade os nomes dos palanadores que van a participar no aberto. O sorteo para formar os grupos farase segundo un programa informático unha vez se coñezan tódolos participantes.
Si algún xogador se presenta unha vez feito o sorteo, irá o grupo que menos xogadores teña ou ó que corresponda por orden.
8ª) As medidas do palán e da billarda, deberán ser regulamentarias. (Palán 60 cms. de longo e entre 1,5 e 3 cms. de diámetro. Billarda entre 18 e 25 cms. de longo e entre 1,5 a 3 cms. de diámetro).
Si un xogador fai reclamación de que outro está usando material fora das medidas regulamentadas, faranse as debidas comprobacións e de ser certo, o infractor será sancionado ca perda das carrerias xogadas. O palán deberá ir suxeto a muñeca por unha cincha de seguridade OBLIGATORIA para xogar nos abertos da LNB.
9ª) As árbores, farolas ou distintos obxetos fixos que existan na pista de xogo, consideraranse elementos do xogo; polo tanto si a billarda bate contra eles será como si batera contra o poste do varal, considerándose válido o lugar en que acaba a billarda. O mesmo ocurre si a billarda bate accidentalmente noutro xogador, no árbitro o en calquera que distraidamente poidera cruzar a pista no momento do xogo.
10ª) Si ó ser golpeada unha billarda por un palanador peta noutra que estea parada, esta debe volverse ao seu sitio e a que golpeou fica donde se pare.
Cando unha billarda escache o golpeala, e se parte en dous ou mais pedazos, o mais grande deles será considerado como si da billarda se tratara.
11ª) Si o xogador que ten o turno de tiro fose, a criterio do árbitro, molestado no momento de golpear a billarda poderá optar ou non por repetir o golpe. Cando o infractor sexa outro xogador, que o faga intencionadamente, será sancionado ca perda dos puntos acadados nesa carreira.
12ª) Os desempates que por calquera circunstancia houbera que facer, faranse a carreira completa entre os empatados. Si excepcionalmente se decide xogar á un só tiro, gañará o que consiga achegar a billarda mais perto do varal e sempre que a billarda non saia directamente fora do terreo de xogo.
13ª) Cada un dos grupos (cando nos sexa o seu turno de xogo) ocuparase de arbitrar e levar o control das puntuacións do outro grupo que xogue no seu mismo campo.
14ª) Será responsabilidade do equipo que organice o aberto ter todo disposto (marcar pistas, liñas de saída e de varal etc.etc. e, de ser posible dispoñer de una mesa e dúas ou tres cadeiras).
15ª) En cada aberto, cada participante deberá abonar 2,00 € que se destinarán a trofeos e outros gastos como o seguro de resposabilidade civil. Os cativos de menos de 14 anos quedarán exentos de pago.
NOTA: A billarda foi considerada deporte e conta con federación propia (xunto ca Chave) e as conferencias NorOeste e Rias Baixas decidiron xunguirse a esa modalidade federada, polo que agora xogarán na liga Atlántica que excluie a non federados.
Na conferencia NorLeste seguiremos a xogar como sempre o fixemos de forma inclusiva e calquera que o desexe pode xogar con nos (esteña ou non federado). Pola contra para xogar na liga Atlántica hai que estar federado como clube ou como persoa individual.