2008/04/14

NORABOA CAMPIÓNS !



Un dos títulos mais ansiados da LNB é o de campión na modalidade de equipos. Os Billardeiros Musicais conseguirono o pasado domingo na pista do Valadouro. Non foi unha xornada fácil para os mesmos, pois non conseguían aumentar a diferencia cos Remourelle Bulls e estes facían mellores puntuacións. A reacción o final dos palanadores dos Billardeiros conseguían mantela diferencia na cabeza da clasificación e sumalos mesmos puntos que os de Remourelle. Un novo equipo na estela da LNB sela con letras douradas o seu nome xunto cos "Os Petapouco" e mais os "Ekipa Safari". O novo paso para os Billardeiros é a disputa do campionato galego en Compostela.