2008/06/17

O RESURXIR DO NORLESTE

Non podía ser de outro modo o resurxir dos palanadores do norleste despois da amarga derrota colleitada no sur xunto cos seus compañeiros do norte. Esta vez pagaron os pratos rotos os xogadores da conferencia noroeste, os cales chegaban a esperada cita das finais do campionato galego de billarda coas espadas en todo o alto. Non foi doada a victoria, xa que os nosos palanadores se tiveron que emplear a fondo para salir airosos das respectivas carreiras.
A mañan escomenzaba con sorpresas nas nosas palanadoras cunha Pamela e Lola amosando unhas cualidades de xogo hasta o momento descoñecidas polo resto. Perfectamente escoltadas por unha Geni soberbia e Ana no seu mellor momento de xogo, daban boa conta das palanadoras do noroeste. Conseguían así meterse na final soñada Geni, Lola e Ana. Nunha primeira ronda quedaba fóra Lola deixando na pista as mellores palanadoras da final, Geni e Ana. A segunda non lle fallou a súa maior veteranía e nunha segunda carreira conseguía facerse co título que tantas veces acariciou.
A finalísima por equipos resultou un pouco mais doada do que inicialmente se presumía. Os Billardeiros Musicais puxeron as súas mellores xogadas e artes enriba da area e os Filloas de Sangue caseque foron meros espectadores do paseo que realizaron os de Ribadeo. O remate os Billardeiros resultaron campións e puxeron un grande broche a súa primeira tempada na competición coa consecución de tódolos títulos polos que pelexaron como equipo o longo da tempada.
A terceira final e unha das mais espectaculares chegaba as primeiras horas da tarde cando os participantes na modalidade de varados accedían o interior do terreo de xogo. A cousa volvía a presentarse ben a priori para os nosos palanadores, aunque os mesmos desconfiaban bastante de palandores coma Serxio dos Xarutos e mais Juanjo. Enganáronse os nosos palanadores e quen deu a sorpresa foi Lois Fontan, o MVP da xornada de competición. Ginés R., David e o propio Lois Fontan remataban a primeira tanda de lanzamentos empatados con un varado cada un, polo que tiveron que recurrir a unha segunda tanda de desempate na cal non foron capaces de desempatar. A cousa quedaba para a billarda mais longa, onde David mandou a billarda a donde ningún dos seus competidores chegou e así alzábase con outro título mais para as súas vitrinas e o terceiro para a conferencia norleste.
O momento mais agardado chegou un pouco mais tarde coa gran finalísima individual. Os oito mellores palanadores do norleste enfrontábanse os mellores oito do noroeste. Non se podía pedir mais nunha sóa xornada de billarda. os mellores palanadores do toda Galiza encontrábanse en Conxo para pelexar polo título de campión galego de billarda. Zidane, Ginés R., Juán e Hugo eran dos favoritos polo norleste, mentras que Quico, Sak, Serxio e Lois facían o mesmo para o noroeste. Pero outro palanador enseguida deixou quedar claro que no play-off da conferecia norleste tivo unha tarde pouco inusual. e resarcíuse perfectamente, escollendo o escenario ideal para unha resurrección billardeira. Markitos era o home da tarde e porque non de todo o día. Os sus golpexos só eran caseque igualados por Ginés R., o campión do norleste, o cal esta tarde tivo que rendirse o igual que o resto dos palanadores os criminais batexos do palanador dos tambores. Markitos escribía sobre as seis e pouco da tarde o seu nome xunto o de David e Vicente na historia da liga galega de billarda.
Temos un novo campión, e a conferencia non deixou escapar ningún só título dos que estaban en xogo. Felicidades e sorte CAMPIÓNS.

No hay comentarios: