A chegada da Auténtica a terras Astures, fixo tremer ao mesmo Pelayo. Dende o intre que a guagua parou motores, a marea de palanadores espoleados por un explosivo Xermán deixaron craro que iban a por todas e que o igual cos gladiadores romanos, loitarían sin trégola e non darían cuatel o inimigo para conquerir o título de Campións e voltar ca Copa que xa tiñan no seu poder. A mezcolanza de veteranía e xuventude que formaba a selección Galega foi todo un éxito, e ainda que nunha serie nos vimos superados, na outra casi os deixamos zapaterios. Logo xa no desempate, pasou o que tiña que pasar, Galiza puxo o cartaz de "ATA EIQUI CHEGAMOS" i esnaquizou os contraios. Cando se decataron do que pasaba, xa tiñan tres carreiras o lombo, dúas delas con varado incluido, polo que as dúas restantes xa nin se xogaron.
Os Astures xogaron a carta de por todo o que tiñan nun dos grupos para asegurárense o desempate, e como bos loitadores, ca forza e a carraxe forxada nas minas de carbón foron quen de conseguir o seu obxetivo por doce carreiras a nove. A outra serie, xa a deron por perdida e así foi, somentes acadaron un empate e
unha victoria fronte a vintetrés dos nosos palanadores o que di ben as craras a diferencia de nivel entre uns e outros.
Tentaron sorte no desempate, pero ahí os nosos palanadores non se deixaron amedrentar, non deron trégola os contrarios e amosaron a súa superioridade gañando as tres primeiras carreiras, co que botaron polo chan as esperanzas dos Asturianos. O título de campión e mais a Copa para Galiza.
Unha boa fabada, viño e chopitos borraron calquer rescoldo de rivalidade que poidera quedar dos enfrontamentos na pista de Pillarnu. Na mesa todos como irmáns membros da gran familia billardeira.
A tarde xogouse o lacón e ó mellor dos cativos. Nin que decir ten que tamén foron para nos. En cativos Eirc de "Os Outros" conqueriu o primeiro posto. En canto ao lacón, foi Andrés dos "Remourelle Bulls" quen se fixo ca pata do porco, cos motores ainda quentes da mañán, foi pouco a pouco eliminando contrarios ata quedarse soio. Voltamos pois, unha vez mais con tódolos trofeos, ao lonxe escoitábase o berro dos descendentes do bravo Pelayo, pedindo venganza po vindeiro ano, pensando quizais que a terceira pose ser a vencida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario