2008/12/07

Aberto da Pastoriza

A LNB segue a estender a súas redes e capta novos incondicionais. Onte, sábado 6 de decembro e co gallo de ..., bo! o motivo e o de menos, o caso e que se xogou un aberto de billarda no pavillón cuberto da Pastoriza.
Alí se chegaron, por orden cronolóxica, representantes da liga NorLeste, da liga do Noroeste e mais un feixe de amigos de Lugo que foron os que, en combinación ca LNB, organizaron este aberto.
Solo unha pega, a pouca puntualidade dos organizadores, polo demás foi unha xornada completa donde mediron forzas dúas das conferencias que participan na liga regular de billarda e as sorpresas protagonizadas por xogadores noveles que fixeron que os “profesionais” tiveran que sacar todo o seu repertorio de golpexos para impoñerse.
Baixo a batuta de Camilo, quen expuxo previamente en que consite o xogo-deporte da billarda e as regras do mesmo, foron sucedendose as eliminatorias, nas que por mor dos emparellamentos por sorteo, algúns dos favoritos non puideron pasar da primeira quenda, e chegouse a unha final a tres con Eric de “Os outros”, Franco dos “Billardeiros Musicais” (ámbolos dous da conferencia NorLeste) e mais Toño dos “Furabolos” (conferencia Noroeste). Final moi igualada e emocionante con desempate incluido, que se decidiu pola mellor capacidade de Toño para aguantar a presión e non fallar cando si o fixeron os rivais. Parabéns e deica outra.

No hay comentarios: