2008/12/15

Campión de inverno 2008




Os Piratas da Billarda, capitaneados por David, Campion de invernro 2008

Unha das revelacións desta temporada están a ser os “Piratas da Billarda”. O equipo que mais cativos presenta e que capitaneados por David, están a colleitar excelentes resultados. Aí o están no cuarto posto e con fame de seguir rubindo.
E abrallante ver xogar a estos cativos, as gañas e ilusión que lle poñen, non se arredan ante ninguén e síntense capaces de gañarlle a calquera, de feito así o están a demostrar e seguro que van a dar moita guerra.
Son o xerme do futuro no deporte da billarda. Esperamos e desexamos que sigan así e de seguro que outros moitos mas se lles irán xuntando, aí o están Cristian dos “Cornería Team” e mais Eric de “Os Outros”, que tampouco se quedan atrás. Ledicia para a auténtica que ten asegurado un prometedor futuro.
Nesta 4ª xornada da conferencia NorLeste da LNB, houbo de se decidir o campión de inverno. Na serie A tiñamos un cuádruple empate na cabeza da clasificación entre Adri, Andrés, Geni e Markytos. Para decidir o campión, xogouse unha carreira a catro, sendo Markytos o gañador.
Na serie B foi David o mellor clasificado quen a fin e a postre acadou o título de Campión de inverno o impoñerse a Markytos nunha final moi competida.
A primeira quenda foi par Markytos con un varado impresionante. A segunda para David, e no desempate definitivo David conseguiu un bo golpe o que o seu contrincante no puido darlle resposta.

No hay comentarios: