Ditoso Aninovo a tódolos/as palanadores!
Finaron as vacacións do Nadal así que deixade as celebracións e ide preparando a ferramenta para o vindeiro domingo voltar a guerra na pista de Vilamar. Si Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos se portaron ben, magnífico e si foron tacaños, pois a joderse e procurade ser meiores para que o vindeiro ano se acorden de vos. Voltando o noso, decir que a 5ª xornada da LBN promete ser emocionante polos enfrentamentos directos entre xogadores dos equipos mellor clasificados. Pero que naide se fíe. Nada está escrito i en calquera momento pode xurdi-la sorpresa como xa pasou en mais de unha ocasión. Espérase unha loita sin cuartel, pero en todo caso deportiva. E que gañe op mellor!
Como xa estades informados, coincidindo co partido da seleción de futbol xogouse un aberto na Coruña, no que de novo a representación do NorLeste deixou a súa pegada. A maioría dos nosos palanadores foron pasando as eliminatorias ata a final na que Ginés de Remourelle impúxose con un varado de campeonato (nunca mellor dito) a Rubén Otero da conferencia Sur e acadou o título, conseguindo tamén por méritos propios un posto na selección da Auténtica para os vindeiros compromisos internacionais.
Circulan rumores dun aberto nacional para finais de mes. Informarase o antes posible. Aburiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario