Si te casas en Ourense, pídelle a proba primeiro..., así comeza a canción. Teño un grato recordo dos meus anos mozos cando adeprendín a tocala gaita. Ourense era un dos nosos destinos mais habituais. Alo na terra das Burgas abofé que si fixen a proba da Cacholiña do porco e o bon viño do RIBEIRO (poñoo con maisculas porque o merece), xa que faciamos a ruta das bodegas donde logo de botarlle unhas pezas, tiñamos que probare aquelos caldos que nos encendían as meixelas e a ialma. A gaita era a chave axeitada que nos ten abertas moitas portas.
Ben, recordos a parte, a saída do Bus da estación de Ribadeo, o vindeiro domingo 8 de marzo as 8 e cuarto da mañan. A ver si podemos sair puntuais porque a que ai montada penso que vai facer historia.
2009/03/03
ALL STARS 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario