2009/12/13

BIXI, "O SEÑOR DO BOTELO"

Tarde moi fría a que nos deparou Sta. Lucía para disputar a 5ª xornada da LNB no pavillón de San Miguel de Reinante, os palanadores quentámonos a golpexos de palán. As billardas rachaban o ar cara o varal sendo 7 dianas as conseguidas entre todos. Nesta faceta destacou Eric de "Os Outros" que convertiu tres "Varados" e súmase así os perseguidores do vixente Campión (Markytos dos "Billardeiros Musicais").
Pero o gran triunfador da tarde foi sen ningún xénero de dúbidas"BIXI". O palanador dos Bítere tivo unha
soberbia actuación en tódalas roldas, disputoulle a final a un dos pesos pesados da Billarda, (Xermán do "Ekipa safari") e mais a Guille (novo fichaxe revelación de "Os Outros" ), logo das tres carreiras de rigor, Xermán quedou fora i houbo de se xogar unha carreira de desempate entre ámbolos dous supervivintes. Emoción ata o derradeiro golpexo, Bixi paseniño acercouse o Varal e Guille por dúas veces chimpouna fora. De novo o dos Bítere enfilou porta obligando a Guille tentar un varado. A emoción fixo presa en Bixi cando a billarda do seo opoñente saiu a rentes do poste. Xa estaba feito, conseguiuno e recibiu os parabéns de toda a tribu billardeira que aplaudiu a rabear esta xesta. Tardes como ista son as que fan afición. Forza estornela! Adiante co Varal!
A vindeira xornada será o "Trofeo do Galo" , o domingo día 20, que se vai xogar en Ribadeo, si o tempo lo permite no Cantón dos Moreno e si a choiva nos visita, pasarémolo o pavillón do IES Porta d'Auga.
Así quedan as clasificación logo desta 5ª xornada:

EQUIPOS
BILLARDEIROS MUSICAIS … 58
OS OUTROS … 49
REMOURELLE BULLS … 41
XOVE … 27
EKIPA SAFARI … 24
OS BITERE … 20
MADIA LEVA … 16

VARADOS
MARKYTOS ... (B.M.) ... 6
MOISES ... (XOVE) ... 5
GINES ... (R. B.) … 5
ERIC ... (O.O.) ... 4
DANIEL ... (B.M.) ... 3
JOSE ... (O.O.) ... 2
ANDRES R. ... (R.B.) ... 1
HUGO … (B.M.) ... 1
MARTIN ... (B.M.) ... 1
XERMAN … (E. S.) … 1
GUILLE … (O.O.) …. 1
INDIVIDUAL
NOME EQUIPO PUNTOS
GINES R. … REMOURELLE BULLS … 18
MARKYTOS … BILLARD. MUSICAIS … 17
DANIEL … BILLARD. MUSICAIS … 13
ERIC … OS OUTROS … 12
HUGO … BILLARD. MUSICAIS … 11
GENI … OS OUTROS … 11
SALGUEIRO … XOVE … 11
JOSE … OS OUTROS ... 11
MARTIN ... BILLARD. MUSICAIS 11
BIXI … OS BITERE ... 11
MOISES ... XOVE … 10
REYES ... OS OUTROS ... 10
GUILLE ... OS OUTROS ... 10
ANDRES A. ... BILLARD. MUSUICAIS … 9
XERMAN ... EKIPA SAFARI ... 9
ANDRES R…. REMOURELLE BULLS … 7
BORXA ... MADIA LEVA … 7
MARCOS ... REMOURELLE BULLS ... 7
MARTINHO … REMOURELLE BULS ... 6
XOSINHO ... EKIPA SAFARI ... 6
LOLA … OS OUTROS ... 6
FRANCO ... BILLARD. MUSICAIS ... 5
ARTURO … XOVE ... 5
CARMIÑA ... OS BITERE ... 5
ISABEL ... OS OUTROS ... 5
SUSO ... REMOURELLE BULLS ... 5
TOÑO ... EKIPA SAFARI ... 5
XAN ... MADIA LEVA ... 4
EMILIO ... REMOURELLE BULLS ... 4
LUCIA ... REMOURELLE BULLS ... 4
EDELMILSON... EKIPA SAFARI ... 4
LUCI ... LIBRE ... 3
MANUEL ... OS OUTROS ... 3
VICENTE … LIBRE ... 3
ANTONIO ... LIBRE ... 3
GLORIA ... BILLARD. MUSICAIS ... 3
JULIO ... OS BITERE ... 2
PATRICA ... MADIA LEVA ... 2
ROMAN ... BILLARD. MUSICAIS ... 3
JOSE MANUEL…XOVE ... 2
PALOMA ... OS OUTROS ... 2
AITOR ... LIBRE ... 1
ALEX ... MADIA LEVA ... 1
ANA ... LIBRE ... 1
ANTON ... LIBRE ... 1
BRUNO ... OS BITERE ... 1
FRAN ... LIBRE ... 1
J.ROBERTO ... LIBRE ... 1
JORGE JOSE ... LIBRE ... 1
JOSE MARI… LIBRE ... 1
MARITE ... OS BITERE … 1
SANDRA ... BILLARD. MUSICAIS ... 1
TXOMIN ... MADIA LEVA ... 1
XOSEMANUEL... MADIA LEVA ... 1

No hay comentarios: