2011/05/31

Finais explosivas en Conxo! Iván 1º Carocerio da LNB

         Acabouse a tempada oficial da LNB. Os representantes do Norleste fumos a Conxo e non voltamos de vacio. O comezo foi moi esperanzador con Reyes en estado de gracia que se foi desfacendo das rivais  unha a unha.  En semefinai repetiuse a final do ano pasado, enfrotándo a campiona e subcampiona, pero desta volta Reyes tomouse a revancha e gañou a Carmela para plantarse na gran final ca xoven promesa do Centro, xa toda unha firme realidade, Raquel dos Trouleiros que non llo puxo facil. 

       
     A loita foi dura e rematou con un merecido empate, as súas xogadoras se empregaban a fondo para gañar. No desempate foi Reyes a que se levou o trunfo logo dun golpe extraordinario ó que Raquel non puido contestar. A vixente subcampiona deu un pasiño mais e acadou o título que a acredita como Raiña da LNB 2011.
    Na final de equipos xurdiron  problemas que desluciron a xornada. Ao  comezo da xornada habíanse feito medicións de paláns e billardas para que todos se adaptaran as medidas establecidas, non todas pasaron pola mesa e unha reclamación por unha billarda pequena de mais, desembocou nunha escea cómica con Gil de maestro de cerimonia medindo paláns ao chou e descartándoos por antirregulamentarios; pero o que fixo saltar a chispa definitiva foi un desencontro na orde en que os palandores tiñan que disputar algunha eliminatoria, habíase quedado en facer un sorteo para os que tiñan que repetir carreira e ir turnado aos que tiñan mais de seis xogadores. Esto fíxose? Non quedou claro e algunhos sentíronse perxudicados ou manipulados e abandoaron o terreo de xogo.  
     Con dous equipos retirados da competición, seguiuse o xogo e fóronse sucedendo as carreiras nos distintos grupos con dous equipos que se distanciaban perigosamente dos demais: Os Bateas e os Billardeiros Musicais. Finalmente foron os primeiros os que se proclamaron Campións con 2 puntos por riba (ainda que os Billardeiros Musicais consideran e así o espuxeron a mesa, que lles faltou una carreira por disputar). Noraboa, "Os Bateas" Campións da LNB 2010-2011
     A xornada que había comenzado cun espléndido sol foise trocando en nubes e choiva mentras toda a xente se iba acomodando para xantar. Os gaiteiros de Marín amenizaron o momento de troula pero flotaba no ar unha  tensíón contida polo que restaba de competición.
     A tardiña seguiuse a competicíón dando comezo polo campionato de varados. En tres pistas simultaneas os palanadores iban turnandose nunha rolda de 6 tiros cada un. O terreo pesado pola  choiva complicou ainda mais a xa de por sí dificil tarefa de acadar os 50 m. do varal de un so golpe. Chupi nunha pista e Markytos noutra foron os que mais se achegaron pero ninguén o conseguiu. Adiantouse a liña de tiro uns cinco ou seis metros e nova rolda, esta vez de 3 tiros. 

       Na pista 1 e no primeiro tiro Chupi quedou a tan so uns cms. da liña do Varal e a continuación Daniel agarrou un boísimo disparo que mandou a billarda polo mismo medio e mais aló do varal. Xa tiñamos campión a espera de que alguén mais conseguira varado.
      Nos intentos que quedaban os palalnadores esfórzaronse por igualar o marcador e seguir na disputa pero non houbo que facer, o campionato estaba decidido. Daniel Campión de Varados da LNB 2010.2011.
      Quedaba a disputa do Campionato Individual  Absoluto na que o vixente Campión Markytos viña con gañas de repetir triunfo e a piques estivo de conseguilo. 
       A fase de grupos non deparou moitas sorpresas, os Guille, Chupi, Eric, Salgue, Rubén, Xan, Daniel, Roi, Markytos, Serxio, Xose, Lois, Iván, Angelito, etc. etc., mellores clasificados de cada conferencia pasaron sin demasiados apuros.
       Cabe destacar a Fran A., do Festifolk, o mais cativo da Competición, que pasou brilantemente varias roldas e a Serxio dos Xarutos, que tivo unha extraordinaria actuación  e caeo cuartos.
       Nas semifinais 4 figuras; dous veteráns que se enfrontaban entre sí: Markytos e Chupi e na outra dous novatos con pretensións: Guille e Iván.
         Os novatos loitaron bén ainda que amosaron o nervosismo do momento, os dous nembargantes tiveron opcións e a balanza iba cambiando de un a outro bando ata que Iván, algo mais centrado, atinou cun bo golpe e a resposta de Guille non tivo a contundencia necesaria. Iván pasa a final.
        Markytos e Chupi deron os xeareiros motivos abondos para aplaudir e disfrutar da billarda. A cada certerio golpexo de un contestaba o outro con un golpe ainda mellor si cabe. Aquí non gaña o que acerte, PERDE O QUE ERRE! Así tiña que ser... e así foi:  Chupi nunha quenda que tiña facil errou e Makytos aproveitou para rematar a partida. Markytos a final por cuarto ano.

     A final parcecia propicia para que Markytos revalidara o título e comenzou dominando pero Iván non llo iba poñer doado, refíxose na segunda carreira e foi quen de forzar un desempate no que con dous golpes de maestro doblegou o Campión que non tivo mais remedio que ceder a coroa o un novo Rei. Iván Campion da LNB 2010.2011.
     Rematou pois a tempada regular e mentres agardamos o comezo da nova liga, habera distintos torneos dos que iremos informado ca antelación debida. A primeira cita e xa este sábado 4 de xuño en san Miguel de Reinante, no I aberto de Flores. As 4,30 h. no campo da Festa o lado da Igrexa de San Miguel.
     E o día 5, domingo mostra de xogos tradicionales en Muimenta, tamén con aberto de billarda para todos aqueles que queiran achegarse. Mas información en xotramu.blogspot.com
     

No hay comentarios: