2011/06/17

Beeee...! Interparroquial a vista!

     Aberta a inscripción para o Parroquial 2011. Os equipos que queirades loitar na pista de A Devesa polo  "AÑO MOURO DA LNB", xa podedes ir afiando billardas e reforzando paláns porque o vindeiro domingo 26 de xuño a partires das 11,00 da mañan darán comenzo os enfrontamentos que se sucederan perante todo o día ata que un dos equipos acade o triunfo e se faga dono do cordeiro.
     Como agardamos unha loita sin cuartel, haberá xornada de mañá con xantar para repor forzas e xornada de tarde.  Cinco deben de ser os compoñentes  de cada equipo (o mínimo para participar e de catro xogadores, si os equipos teñen mas iran turnando carreiras da forma habitual). O prazo de inscripoción esta aberto ata o martes 21 as 18,00 h., logo de esa data non se garante o poder participar no torneo.
Anotádevos por telefono falando con Xermán (619570976), Marcos (605316896), Daniel (636843377) ou nos correos ovaral@hotmail.com, ou en  lnb.norlete@gmail.com

No hay comentarios: