O II aberto de Flores foi un novo éxito da serpe multicolor da LNB. A grande participación de palanadores confirma a puxanza da billarda na conferencia nai. Cada dia son mais os xeareiros que se achegan as pistas de xogo e se atreven a competir nos abertos tanto da liga regular como nos que van xurdindo fora da competición oficial.
Ainda que o tempo non se portou tan cativamente como estaba anunciado, foi un gran acerto o cambio que se fixo de pasar a competición do campo da festa ao pavillon do colexio porque ainda que os enfrontamnetos se fan de maneira moi dinámica, a cantidade de xente que participa fai que se alongue a finalización da xornada mais aló do que cabería agardar. Si na Pontenova se bateo o rexistro de participante, en San Miguel quedamos as portas con 58 persoas xogando cada unha delas cinco carreiras en pouco mais de dúas horas. Un exitazo espectacular.
Como ben sucedendo de cotío houbo sorpresas que destragaron calquer pronostico previo. Merecen especial mención as actuacións de Manuel (Ekipa-Bítere-Mobles Folgueira) un dos mais cativos na competición e de Martín (Pau de Toxo) outro cativo que apunta alto e tamén a boa xornada de Maricame e de Noé (Troitas Bravas), e algún mais. Xente toda ela nova na competición que ven con moitas gañas e pisando forte. Adiante todos para seguir medrando.
A vindeira xornada do NorLeste está programada para o día 18 de decembro, no que será o xa tradicional Torneo do Galo. Moi posiblemente se xogue tamén no pavillón do colegio, ainda que este extrenmo está por confirmar.
Xa están as clasificacións actualizadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario