2013/04/09

I Aberto das Freces


         Soaron as gaitas a chegada da serpe multicolor  a Bretoña, donde se disputou a penúltima xornada da tempada regular (10ª xornada da LNB conferencia NorLeste). Facía frio pero xa non chovía, polo qe decidimos chegarnos ata o clube social donde se iba a xogar o aire libre, nembargantes o exceso de auga na pista e as curtas dimensións da mesma, fixeron que os palanadores optaran por dirixirse o pavillón cuberto e alí seguir a festa billardeira.
 Mentres se facía o sorteo, a xente iba probando as súas armas  e as gaitas seguían enchendo o pavillón co seu doce soar. 
Este sábado 6 de abril, un total de 42 palanadores se achegaron o  "I Aberto da Freces", ainda que estas non asomaron por ningures,  do mesmo xeito que as bruxas dicen que habelas ainas, pero ninguen as viu polo lugar.
 
 Segundo se iban sucedendo as carreiras, cada quen facía os seus cálculos, Charly tropezou ao comezo por dúas veces consecutivas, non tivo o día, pero alomenos, tampouco perdeu demasiado cos seus perseguidores xa que estos tamén se deixaron puntos. Na man do Carabullo está o campeonato, nadie llo pode arrebatar, so él pode perdelo, o que non parece probable dada a regularidade amosada perante toda a tempada.
 Por primeira vez se produxo una reclamación por uso de material antiregulamentario e como consecuencia un palanador foi sancionado ca perda de 1 punto (o conseguido co uso de dito material). Agardamos que sirva de toque de atención para todos e que empecemos de una vez por todas a facer as cousa ben. Non é prato de gusto sancionar a ninguén pero o regulameto está aí para cumplilo.
Como decía, cada quen facía as súas contas, uns mirando quen podía acadar o pleno, outros tentando recortar puntos os de arriba. Chegouse a derradeira carreira ca sola polibilidade de Xermán, Levaba catro victorias e estaba a piques, pero tiña un oso duro por roer: Markytos. E foi duro de mais, nembargantes sí que puido sacarlle un empate que lle permitiu seguir con opción no aberto, xa que con 9 puntos era un dos mellor situados.
A grata sorpresa foi Carme do equipo Troitas Bravas, que sin facer moito barullo foi desfacendose dos rivais un tras outro cedendo so un empate con Adrián. Daquela a final estaba servida: Xermán Vs. Carme.
O terceiro posto foi moi disputado, nin mais nin menos que 8 palanadores entraron na loita acadando tamen 8 puntos cada un e foron estos:
            Daniel, Coedo e Markytos de “Billardeiros Musicais”. Adrian de “Extensión Billarda”. Cortón de “O Cadaval”. Geni de “Os Outros”. Marcos de ”Remourelle Bulls” e Xosé de “Tropa Lixeira”.
             Xa de comezo Markytos fixo varado e colleu a dianteira xunto con Adrián que tamen fixo varado,  pero segundo iban caendo carreiras así iban tamen caendo palanadores, so Daniel pareceu ter algunha oportunidade ata a  última carreira , os demais tentárono pero ninguén foi quen de seguir o ritmo do bicampión que cerrou a tarde con outro varado e rematou subindo o 3º  posto.
           Dúas carreiras faltaban por disputar para saber quen era o campión do aberto e deron comezo cos aplausos dos xeareiros que non cesaron en ningún momento.
Carmen deu o primeiro paso gañando a contra con dous golpes precisos. Na segunda carreira foi Xermán quen se levou a victoria así que unha mais na que saiu dominando Xermán, pero errou o segundo golpe e Carmen aproveitou a súa rolda para de forma maxistral  perforar o varal  e convertirse en Campiona do Aberto das Freces e na primeira dona que consigue gañar un aberto esta tempada.
 Moitos aplausos recibiu a campiona ainda que mais ledas a ela estaban Uxía e Mariña ao ver a súa nai recibindo os trofeos tan merecidamente gañados. Parabéns e a seguir así.
 Por equipos foron os Billardeiros Musicais os que dominaron  e aumentaron a súa ventaxe ao fronte da clasificación. Téñeno prácticamente feito a falta so dunha xornada.
1º equipos "Billardeiros Muscais.   Markytos 3º- Carme 1ª - Xermán 2º
Os primeiros clasificados recibiron uns bonitos e saborosos trofeos de chocolate saidos das artísticas mans de Rodrigo alias “Herví”.
A derradeira xornada será en Remourelle, donde se entregarán os trofeos os campións e se dará a lista definitiva de clasificados para a gran final se Santiago de Compostela

No hay comentarios: