2013/05/28

PLAY OFF MARROZOS 2013


No troco de Conxo, o campo de terra de Marrozos foi un sustituto de luxo para as finais nacionais da LNB e  converteuse o pasado domingo 26 nun fervedoiro humán de palanadores de tódolos recunchos dispostos a loitar polos títulos nacionais.
Contra as once da mañan foron aparecendo os mais madrugadores que axina se habituaron as novas instalación. Co material disposto e xa feitas as probas de rigor dos xogadores, procedeuse a efectuar os sorteos e deu comezo a xornada ca disputa do play off feminino.
Vintedúas loitadoras, entre elas Geni, Reyes e Lu, que xa tiñan saboreado as meles do trunfo en ocasións precedentes, estaban listas para comezar os duelos. Moita espectación por ver o rendimento das novas incorporacións sobretodo de revelación da tempada Begoña, ainda que a favorita era Geni polo gran momento de forma que atravesa a palanadora de Os Outros, sin descartar claro está as outras campionas.
Foron saltando as sorpresas e chegaron as semifinais Chefa e Geni por unha banda e Begoña e Reyes pola outra. Os constantes ánimos e berros dos xeareiros a Chefa dos Corredoira, levárona a dar a sorpresa, con un xogo moi seguro deixou  fora a Geni e plantouse na gran final. A outra finalista foi Reyes que aguantou ben os potentes empurres da súa contrincante Begoña deixando craro que si xa tiña gañado unha volta no fora por casualidade.
Finalísima a tres carreiras que comenzou gañando Chefa que seguía moi segura, pero a experiencia da pequena gran palandaora de Os Outros acabou ca resistencia da de Bueu e gañando as dúas carreiras seguintes fíxose por segunda vez co entorchado nacional.
            A continuación deu comezo a final por equipos donde Corredoiras, Billardeiros Musicais e Gharaboto partían como favoritos. Os xogadores distribuidos en oito grupos disputaron tres carreiras para finalmente sumar os puntos optidos  polos palanadores de cada equipo. Feito o reconto deu como gañador o Furabolos con 50 puntos seguidos de Billardeiros Musicais con 49 puntos e Corredoiras tamén con 49 puntos, o que da idea da igualdade existente entre os distintos equipos.
            Para o segundo posto como estaban igualados a puntos xogouse una carreira entre dous palanadores de cada equipo, foron os Billardeiros Musicais  Markytos e Juan os que gañaron a carreira contra Brais e Ricar dos Corredoira subindo así o segundo caixón do podio.
            Rematada a xornada de maña, xusto e necesario repor forzas para a tarde polo que se deu paso a unha comida de irmandade, e como non, momentos de relax co xa tradicional concurso de tortillas e un  polifacético Angelín animando o personal, pero no ca gaita, desta volta sorprendeunos tocando unhas pezas a flauta travesera.
De volta a competición comenzouse polos tiros directos ou varados. Dúas quendas de cinco lanzamentos contra o varal por palanador. Ginés acertou a primeira metendo presión ao resto de conpetidores. Tiros moi axustados se sucederon pero a maioria quedaban cortos e algún que alcanzou o varal foise por fora dil. Ningún dos especialistas, Luis, Charli, Xan ou Markytos entre outros foron quen de traspasar  a liña de varal. Xa nos derradeiros lanzamentos Ginés  recuncou e reafirmouse como Campión de Varados.
            Chegouse o momento mais agardado por todos, a disputa do Campionato individual. En oito grupos repartíronse sesenta e cinco finalistas, os doce mellores de cada conferencia mais os cinco chegados dende Andalucia, e de cada un destos grupos pasarían á rolda seguinte os catro mellores facendo logo enfrontamentos directos ata rematar nun Campión: “O Coroceiro Nacional”. Impresionante o nivel da maioria dos palanadores, as carreiras foron moi igualadas e o erro mais pequeño pagouse ca eliminación, así foron quedando fora da competición experimentados palanadores como Carolo, Charli, Outeiro, Iván, Chupi, Markytos, Luis...., ata chegar a semifiais donde estaban por un lado Xan Rodiño e Ginés e polo outro Chicho e Daniel.
Na primeira semifinal o trunfo foi para Ginés, que logo de ser Campión por equipos e gañar tamén en varados, presentaba candidatura para Coroceiro  e facer así triplete.
Na segunda foi Daniel quen se gañou o dereito a disputala finalísima, sin darlle a mínima opción a Chicho.
Tres carreiras en busca do terceiro posto das que saliu gañador Xan Rodiño de "Lua de forza" que se impuxo o seu compañeiro de equipo Chicho.
Máxima espectación para a disputa da finalísima. Dous palanadores históricos da LNB que voltaban a verse as caras  logo de terse enfrontado en múltiples ocasións e con resultados moi parellos.
Os acertados golpexos con que Daniel dera conta de todolos seus rivais, continuaron presentes e forn desta volta correspondidos por outros semellantes de Ginés que tamén tiña o día. Daquela a igualdade foi absoluta nas dúas primeiras carreiras. De seguir así habería que recurrir a morte súbita de un so golpe, pero non foi necesario. Na terceira carreira saiu Daniel e colocou a billarda moi perto do varal, Ginés correspondeu cun bo golpe lixeiramente mais corto, xa se agardaba entre os xiareiros un novo empate pero non houbo tal. Na seguinte rolda Daniel foi contundente e cun golpexo preciso espetou a billarda no fondo do varal. A resposta de Ginés non foi tan precisa desta volta, errou deixando a billarda a carón la liña de meta, a so uns cms. que foron suficientes para que o Billardeiro Musical se convertirá no novo Coroceiro Nacional 2013.
 
Tódolos vencedores recibiron os trofeos correspondentes e Daniel tomou o relevo de Caroceiro Nacional de mans do salinte Rubén Otero.

Momentazo emocionate cando Daniel recibiu das mans do seu propio fillo e bicampión Markytos o trofeo de Campión Nacional.
Xosé Miguel do equipo Faisca fixo este comentqario: Gran deporte este da billarda que nunca deixa de sorprender. En tódolos deportes sempre se pasa o testigo de pais a fillos. Pois onte pasouse o testigo do fillo ao pai.
 Un novo éxito billardeiro que confirma que vamos polo bo camín. Estamos a medrar en cada competición tanto en número como en calidade. Animo e billarda sempre.

No hay comentarios: