2016/10/05

Regueiro pisa forte en Ponte de Outeiro


1ª xornada da LNB NorLeste. Ponte de Outeiro 1.10.16 

Regueiro e Billardeiros Musicais primeiros  líderes.
 
O sábado 1º de outubro, deu comezo no campo da festa de Ponte de Outeiro, a Liga Nacional de Billarda na conferencia NorLeste.
Nun fermoso entorno, un gran número de palanadores se deron cita para darlle  a benvida a esta nova tempada que promete ser das mais emocionantes e competidas.
Cas novas normas de non limitar o número de xogadores por equipo, prodúxose unha enorme revolución:
Desaparecen como equipos Pena Verde e Extensión Billarda que reparten seus efectivos entre outros equipos.
Os Cruzados renovan equipo e nome, pasan a ser Chainzos e xúntanse con O Cadaval dando como resultado un moi potente equipazo co nome provisional de Chainzos Cadaval.
 
Os Polka, que troca de nome en “Polka Miseria”, reforzase con Lola Eiras e Hervy, parte dos efectivos de Extensión Billarda e con Coto de Tropa Lixeira que tamén desaparece.
Os Carabullo (de Buxo, Toxo e Teixo) perden apelido, en adiante son so Carabullo nun tándem común moito mais consistente.
Remourelle Bulls tamén pesca en Pena Verde e recupera o lesionado Villarino así como a Marcos (ausente na derradeira campaña) e siguen en xestións para recuperar tamén a Martiño.
Así as cousas, esta tempada serán seis os equipos que compitan polo título, dous completamente renovados e outros catro que se manteñen sin demasiados cambios mais aló da incorporación de algún novo fichaxe.
Disque moitos destos movementos apuntan a una ofensiva co gallo de destronar aos actuáis campións nacionais, os Billardeiros Musicais, que nembargantes aguantan o tipo nesta primeira embestida e deixan a once puntos os segundos. Non son invencibles mais vai haber que loitar moito para destronalos (quen queira peixe que molle o cú).
E xa que logo, comezaron a voar as billardas cara ao varal. A festa deu comezo cos palanadores entregados a tope en cada carreira na procura dos primeiros puntos da tempada.
Transcurriu a xornada de forma moi deportiva, destacándose de forma crara nas primeiras carreiras Charli, Rubén(Chainzos-Cadaval), Isma, Jorge e Santi, logo foron perdendo folgos e víronse superados pola regularidade de Rubén e Manu Pozo (Bill. Music.) e subliñadamente Regueiro de Troitas Bravas, que foron os que o remate se levaron o terceiro, segundo e primeiro posto respectivamente.
En donas Geni (Bill. Musicais) segue en estado de gracia e gaña aberto tras aberto, desta volta moi ben secundada por Irea (Carabullo) e Lorena (Chainzos-Cadaval).
En equipos xa dixemos antes que Billardeiros Musicais de Ribadeo, ainda cas notables ausencias de Markytos  e de Juan, foron os mellores nesta xornada seguidos de Carabullo.
Aparte dos trofeos para os gañadores (artísticas tallas de madeira e prato conmemorativo, mais unha árbore frutal), os organizadores tiveron a bén facer entrega a cada palanador de unha planta de castaño.
A segunda xornada está fixada para o sábado 15 de outubre en A Cadeira. Todo aquel que queira disfrutar dunhas xornadas de irmandade e deporte, sin límite de idade, que se apunte a xogar a billarda. O que proba, repite. Billarda sempre e adiante co Varal.

No hay comentarios: