5ª xornada da LNB
NorLeste. Ribadeo 10.12.16
Gran Carabullada en Ribadeo para acadar o Galo
En pleno mes de
Nadal, gozamos dunha fermosa e soleada tarde no campo de fútbol da Faxarda,
donde con un gran ambientazo, se desenrrolou a X edición do torneo do Galo,
quinta xornada da LNB NorLestes e derradeira do ano.
Mais de medio cento
de palanadores da conferencia NorLeste se deron cita na loita polo mítico Galo
da LNB, que mais unha volta foi facilitado por “Mondoñedo”, o entusiasta
colaborador carnavaleiro-palanador que ainda que desta volta non puido
participar na loita, sí dispuxo dun anaco para facerse presente na entrega de
premios os gañadores.
Co gallo de dinamizar
o xogo, dispuxéronse tres pistas simultaneas que, por riba de dar mais
axilidade o xogo, lle deron tamén maior vistosidade. Un grandioso espectáculo
visto dende fora polos moitos xiareiros que se achegaron a disfrutar do evento
e unha titánica pero deportiva loita vista dende dentro do campo de xogo.
O terrero, en
perfectas condicións cando deu comezo a loita, a medida que a tarde iba
morrendo, agromaba paseniño a xeada que se faia dona do chan, voltándolo mais
blando e esbaradizo o tempo que facia unha chamada aos palanadores para que
foran retomando as chaquetas que alegremente desbotaran un anaco antes.
Nunha tarde mui
parella en xogo, cabe salientar a cuasiperfecta actuación de Santi dos “Carabullo”
que se impuxo no aberto, gañando vintecatro dos vintecinco puntos en xogo.
Na parte negativa, o
xuvenil Rubén de “Billardeiros Musicais” tivo unha xornada moi cativeira con
erros inesperados que o fixeron perder bastantes puntos, nembargantes a marxe que
tiña, abonda parta mantelo ainda ao fronte da clasificación xeral.
Para o segundo e
terceiro posto, houbo empate entre Noé de “Troitas Bravas” e Daniel de “Billardeiors
Musicais” a vinteún puntos. Nas carreiras de desempate foi o da Pontenova quen
se levou a mellor parte relegando o actual Campión da Conferencia o terceiro
posto.
En donas Geni de “Billardeiros
Musicais” foi a primeira por riba de Lucia de “Remourelle Bulls” e Irea de “Carabullo”.
En canto a equipos, a
boa actuación dos “Carabullo”, levounos a acadar o primeiro posto da xornada.
Desta volta os mariñans “Billardeiros Musicais” víronse superados polo empuxe
dos da Chaira e quedaron no segundo posto.
Ao remate da xornada,
presentouse mais unha volta o noso “Apalpador” particular que xunto a Mondoñedo,
se fixeron cargo da entrega de premios:
Para Santi, o gañador
do aberto un fermoso galo e uns doces de Nadal.
Doces tamen para Noé
e Daniel como segundo e terceiro e para o equipo gañador da xornada, os “Carabullo”.
Parabén a todos e billarda sempre.
Bo Nadal para todos e non vos pasedes cos doces, que enseguida retomamos a competición. Vémopnos o catroce de xaneiro en Castro de Ribeiras de Lea. A pola Pita de Mos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario