(xogouse No pavillón de Trabada)
Os varados tiñan que aparecer. Era visto!
Xa tardaban en chegar os varados na
conferencia NorLeste e foi nesta cuarta xornada cando asomaron por primeira vez
na tempada. A tan agardada choiva non deu trégola neste sábado 4 do mes de
defuntos e obrigounos a trocar o bravio escenario do alto da Cadeira polo liso
e uniforme chan do pavillón deportivo de Trabada donde o chaparrón de varados
parecía querer competir ca pingueira de fora.
O actual campión da conferencia Charli sigue en gran estado de forma. Gañou e fixo dous varados |
Os vintesete tiros directos que
se contabilizaron, quedan nembargantes lonxe da marca establecida o ano pasado
en Meira donde o total da xornada foron trinta e oito.
As billardas saían a fume de carozo,
fungaban no ar ou escoregaban favorecidas pola pista rápida cara ao varal sin
atranco ningún.
Xornada vertixinosa en canto ò xogo, destas que fan afición pola
vistosidade, pola cantidade de xogadas espectaculares e mesmo estranas, que
soio se poden dar dentro dun pavillón. Aquela billarda que semella ir afastándose
do varal e que empurrada pola invisible man feiticeira de nun se sabe quen, troca
a súa dirección ata introducirse na portería ou aquela outra que vai perdendo
forza según se achega e non da chegado, mantendo os corazóns en vilo a piques
de estoupar e que remata cun queixido de rabea si a billarda non chega ou cunha
exploxión de xúbilo e felicidade si remata dentro do varal. Istas emocións non
son para contalas, hai que vivilas e sentilas de perto con toda a súa intensidade.
No ar era palpable unha expectación
que iba medrando a medida que transcurrían as carreiras, xa na primeira Sachas
abriu a lata dos varados cun tiro directo, moi ben secundado por Santi, Rubén,
o infantil Manu Caldeiro, Isma e Muriego que o igualaron, logo virían outros
mais destacando Isma que foi o máximo realizador da xornada con tres.
Foi unha xornada moi competida e
igualada donde os favoritos deron poucas opcións, ainda que se tivo que tirar
man dos desempates para decidir os tres primeiros postos. Os Carabullos Charli
e Isma, con candanseus 23 puntos fixéronse co primeiro e segundo posto
respectivamente. No terceiro quedou Jorge de Remourelle Bulls (con 21 puntos)
logo de sair gañador do desempate con Regueiro de Troitas Bravas.
Manu Caldeiro abriu a súa quenda cun varado espectacular e pechouna do mismo xeito. |
En equipos e para redondear unha moi
boa actuación, os Carabullo foron os dominadores consolidándose así na segunda
posición da xeral acortando un pouquiño a diferencia cos Billardeiros Musicais,
hoxe terceiros e deixando a cinco punto a Chainzos-Cadaval, que hoxe foron
segundos.
Os Carabullo dominaron en plan Campións. Gañaron por equipos. Primeiro e segundo posto individula e primeiro en varados. Xornada cuasi redonda. |
En donas, Bea (Troitas Bravas) foi
intratable, disque o bocata que se zampou antes do encontro lle puxo as pilas e abofé que foi eficaz. Segunda Lola Eiras (ex-Extensión Billarda e de momento na franquicia de Polka Miseria, ainda que se rumorea que os de Ekipa-Bítere lle están a facer as beiras para levala con eles ou alomenos refundir os dous equipos nun so, agardaremos acontecementos) e Geni (Billardeiros Musicais)
rematou en terceiro lugar.
Os agasallos para os gañadores
entregounos nesta ocasión o reaparecido seleccionador Manolo Flores, que voltou do seu periplo escursionil con tempo abondo para o seu aberto de San Miguel.
Parabéns a toda a tribu billardeira por este novo éxito
Parabéns a toda a tribu billardeira por este novo éxito
.
E xa agardamos pola quinta xornada na que visitaremos
San Miguel; si o tempo o permite xogaremos no Campo das Valgas, a carón do
campo de fútbol e si chove recurriremos como sempre o pavillón deportivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario