2019/11/29

Copa Cantábrica 2019


A “COPA CANTABRICA 2019” DE NOVO NA CASA!
No pavillón deportivo de Piedras Blancas (Castrillón), tivo lugar o pasado sábado 23 de novembro, un novo enfrontamento Astur-Galaico de Liriu/Billarda” na procura de “Copa Cantábrica” que alcanza a súa treceava edición entre as respectivas seleccións de Asturias e Galicia.
Javier Hevia, o capitán dos astures, incansable aloitador descendente do bravo Pelayo é o verdadeiro artífice de que esta competición anual se siga celebrando.
Hevia tratando de encastrar
Para esta ocasión presentou un renovado equipo cos incondicionais veteráns de sempre e novas incorporacións tentando dar frescura o equipo.
Ainda que non conseguiron a victoria, batéronse ben e nunca baixaron os brazos nin se deron por derrotados.
Arturo un dos veteráns

Portu, un  novo machetador que cumpliu con creces.
Navallo un valor seguro

Muriego, non tuvo o dia, mais cumpliu. 
Milio, cumpliu sobrado.
Fran, outro novo machetador
Pola súa banda o seleccionador galego Manolito Flores, logo do fiasco da derradeira edicción na que a copa quedou en poder dos asturianos, tamen tentou darlle unha volta a convocatoria.
Flores tentando chegar o castru
Deixou fora algún dos habituais e meteu xente nova confiando que as novas incorporacións se deixaran a pel no encontro e lle salvaran o posto. O conto saiulle redondo e aí temos seleccionador para longo.

        Entre carreira e carreira, machetadores e palanadores aparcaban a rivalidade deportiva tomando en irmandade uns culíns de sidra que alegraban o espíritu e daban claridade a un oscuro e chuvioso día.
Paseniñamente o encontró íbase decantando a favor dos galegos que se mostraron mais acertados cara o “castru” e o encontro rematou ca victoria galaica por un cómodo resultado de 105 puntos contra  91 dos astures.
Lucia

Lucho

Jorge

Franco

Aroa
Polos locais destacaron Portu, Navallo e Milio e polos galegos Sachas, Pepe de Outeiro e Daniel foron os mais acertados.
Como non podía ser doutro xeito, todos xuntos nos trasladamos o restaurante El Guaje" donde demos boa conta dunha gustosa fabada e do pote asturiano.
Voltamos as pistas para disputar  estilo LNB o trofeo “Pitu Caleya”   do que saiu gañador Sachas seguido de Daniel de de Xermán.
o "Capitán Hevia" cos gañadores do coello e do pitu caleya
Parabéns a tódolos que tomaron parte neste encontro de irmandade Astur-Galaica. Quedamos emplazados para o ano seguinte e moi satisfeitos polo traballo ben feito voltamos cara a nosa terra.
Puxa Asturias! Viva Galicia!   Billarda sempre e adiante co Varal!

No hay comentarios: