2022/03/06

6ª xornada da LNB NorLeste. San Miguel 5 de marzo de 2022

                             A CARABULLADA DALLE QUE DALLE 

CHARLI RECUNCA E FAISE CA VICTORIA EN SAN MIGUEL 

                Non cabe dúbida que xogar en sábado caelle moi ben a zuda d’ouro da LNB. En San Miguel o Yul Brynner dos Carabullo acadou unha xornada cuasi perfecta e corouse campión do aberto de Flores e de San Rosendo e daquela puido lucir ao rededor do seu colo a mais grande ristra de chourizos da tarde. Bo proveito Campión.
        Desta volta a serpe multicolor da LNB estivo composta por sesenta e oito palanadores (51 homes, 14 donas e 3 cativos), que repartidos por sorteo en oito grupos, loitaron por acadar os meiores postos na clasificación deste aberto.
              Catro compañeiros do NorOeste nos acompañaron nesta ocasión, Collazo, Eladio e Juan Carlos do equipo Campo da Feira de Paiosaco e Landras de Filloas de sangue da Coruña.
                Tamén nos congratula ver de novo nas pistas de xogo o grande Toño Randeira, un veterán dos de "antes" e a Julio o portugués que tamen se achegou a dar uns golpes con nos.
            
        A xornada resultou moi dificultosa para a gran maioría dos palanadores que impotentes, podían sentir como o vento sopraba a eito e facía bailar as billardas no ar e as apartaba do seu natural e desexado percorrido cara o varal. Disque San Rosendo se xunguiu o divertimento xeral xogando cas billardas a modo seu.
      Voltando o xogo dicir que malia os atrancos pra dirixir ben as billarda, dous palanadores houberon de xogar un desempate para o segundo e terceiro posto absoluto e quedaron a so un punto do campión.
        Os tales foron Manu Pozo (Billardeiros Musicais de Ribadeo) e Juan Carlos (Campo da Feira de Paiosaco). O Ribadense cedeu na primeira carreira, pero soupo remontar e facerse co segundo caixon do podio.         
        En donas, a millor foi outro carabullo, Irea, seguida de Geni e de Aroa (as dúas de Billardeiros Musicais).
        E para rematar a “carabullada” gañaron por equipos por diante de Troitas Bravas e Billardeiros Musicais.
        En infantís, Aroa sigue en racha e mantén unha regularidade increscendo xornada a xornada, seguírona diego e Mateu (os dos de Madia leva de Lugo). A Mateu que na xornada anterior deu a campanada subindo o podio, nesta ocasión, a sorte foille esquiva; billardas que iban ben dirixidas e con forza, o vento as desviou lonxe do varal impedíndolle acadar tódolos puntos que tiña ben merecidos.       
        Rematada a xornada, gardouse un minuto de silencio en recordo de Mario Rodríguez (Presidente de Xogos tradicionais de Compostela) e de Suso Coedo e de seguido o seleccionador Manolo Flores, Manolo Cadramón (Xefe do Servicio Deportes Xunta de Galicia) e de dúas belas senoriñas representantes da comisión de festas de San Rosendo, fixeron entrega de  trofeos e agasallos os gañadores do aberto.
         A vindeira proba billardeira será o domingo 20 de marzo en Begonte. Saúde e bilarda sempre!

No hay comentarios: