2022/10/05

Record de participantes na segunda xornada da LNB NorLeste.

 2ª xornada da LNB NorLeste. A Pontenova  02-10-2022

Relevo xeracional na NorLeste? 

O veranillo de san Miguel demourouse uns días e colleunos de cheo nesta segunda xornada da LNB Norleste cando se disputou o “XI aberto do Ferro”.

          O campo de fútebol da Mina en magníficas condicións foi testemuña dun novo récord de participantes que alcanzou o número exacto de 101( sesenta e dous homes, vinteoito donas e 13 cativos menores de catorce anos. 

       



          Estos cativos que paseniño se van xunguindo, son xa o presente e sen ningun tipo de dúbida o esperanzador futuro da billarda. Da xenio velos imitar os maiores e disfrutar no terreo de xogo.



          Foi esta unha xornada moi emocionante na que a herba artificial non facilitou o xogo, mais iste desenvolveuse con bastante axilidade. Víronse golpes espectaculares de varios palanadores, mais naide foi quen de acadar un Varado e na loita polos primeiros postos agromou xigante a xuventude que con paso firme ven tentando e nalgún caso acadando dar o sorpaso os veteráns.


             O esforzo nalgún casos foi tal que non resultou extrano ver como os palanadores  tomaban folgos deitandose na herba e contemplando trnquilamente o desenrolo do xogo.

        Os mais destacados desta nova xeración foron Manu Caldeiro, Anthony, Gundar, Marcos, Aroa e os infantís Diego, Mateu e Antía que llo están poñendo muy dificil as vacas sagradas.

            Manu Caldeiro confirmou as boas sensacións cas que rematou a tempada pasada e repetiu  trunfo neste escenario, ainda que con distinto equipo (antes Carabullo e agora convertido en estrela de Billarda Verde). Ó segundo caixón foi quen de subir Anthony (Carabullo) e ó terceiro chanzo agarrouse o veterán Regueiro (Troitas Bravas), que non quixo deixar todo o protagonismo en mans dos mais novos. 

              No tocante as donas, Aroa (Billardeiros Musicais) parece que o leva de calle este ano e malia que a tempada ten apenas arrincado, confírmase como seria aspirante o título de Campioa, segunda foi Sara (Billarda Verde) e terceira a incombustible Geni (Billardeiros Musicais).

             A categoría infantil domínaa con claridade o equipo de Madia Leva e repiten Diego e Mateu como os mellores, acompañados desta volta por Antía (Troitas Bravas).

         Por equipos, os locais Troitas Bravas presentaron a trinta e sete palanadores, casi un corenta por cento do total tentando dar medo os contrarios, mais os outros equipos non se deixaron intimidar e presentaron batalla. O podio, con moi pequenas diferencias na puntuación, rematou igual que a xornada anterior cos Billardeiros Musicasi de Ribadeo no primeiro posto, segundos os locais Troitas Bravas (A Ponteneova) e terceiros os Carabullo (Ponte de Outeiro), que malia a ter destacadas ausencias no día de hoxe, deron a talla.

              A mais das consabidas e xa tradicionais navallas artesáns, houbo trofeos para os primeiros clasificados en cada categoria e diploma para tódolos infantis participantes.

             Non cabe outra que felicitar os anfitrións polo magnífico traballo na organizacion deste aberto que vai ocupar un lugar de privilexio na historia da LNB.

       O terceiro tempo do encontro rematou cun  inmellorable xantar de irmandade de todolos equipos, no que participamos mais de setenta comensales.

Vémonos en Pol o vindeiro 30 deste mes de outubro. Billarda sempre!

No hay comentarios: