2023/01/10

7ª xornada da LNB NorLeste. castropol 8.01.2023


 7ª xornada da LNB NorLeste. Castropol 8.01.2023

Charli a lo Pelayo conquista Asturies! 

    Por primeira vez, a LNB NorLeste celebra unha xornada de liga en terras Asturianas, foi en Castropol, donde o Concello se involucrou e deo todo tipo de facilidades para a realización do I Aberto Villa de Castropol.

       Temos que lembrar que a LNB a mais da Copa Cantábrica que se ten xogado en Pillarnu, Piedras Blancas e Xixón, xa ten feito incursións en Asturias. 

    Concretamente en Tapia de Casariego o 22 de novembro de 2008, que nos convidaron a facer unha mostra da billarda para unha reportaxe da RTPA (Radio televisión del Principasdo de Asturias).


    E tamén en Tapia o 13 de xulio de 2014 donde se fixeron
 dous abertos seguidos con xente do lugar o comandante Hevia e a súa tropa e algúns dos nosos.

O aberto do "curio caleya" (que gañou Geni) e a continuación o "aberto del conejo" que gañou Luis Pirucha). 

                                

     Exemplar organización dos Troitas Bravas, que demostran unha vez mais que son tan  “CAMPIONS” dentro como fora da competición, dispoñendo no campo da Paloma de seis canchas perfectamente acondicionadas e marcadas (duas delas para adestramento e catro para competir).

    As pésimas previsións de mal tempo fixeron recuar a moitos dos habituais. Ainda así a participación foi meirande do agardado (50 homes, 8 donas e 5 cativos) e a choiva respectounos e non fixo acto de opresencia en toda a maña. So un vento racheado incomodou os palanadores en liza.

    Charli (o zurdo d’ouro de Carabullo) non atopou resistencia no seu grupo e impúxose cun pleno de 25 puntos para gañar a xornada e consolidar o primeiro posto na xeral.
    O terremoto canario Mark, trocou os alisios que soplan na sua terra en forte vendaval e acadou o segundo chanzo con 24 puntos, dando un bo empurron para upar os lucenses de    Madia Leva o segundo caixón. 
    

    E terceiro foi Luis con 23 puntos redondeando unha xornada gloriosa de Troitas Bravas, que foron os gañadores por equipos e tiveron representación en tódolos podios.
    Os so catro compoñentes que hoxe presentou Billarda Verde, espoleados por Chousa, loitaron como colosos e foron dabondo para acadar o terceiro posto por equipos.

    En donas, Sandra (Troitas Bravas) tivo unha moi boa xornada e colouse como segunda entre as Billardeiras Musicais Geni e Aroa, que foron primeira e terceira respectivamente.


En cuanto os cativos, os cracks Mateu e Diego son un seguro infalible para Madia Leva, van turnándose no primeiro e segundo posto, como era de agardar hoxe  tamen dominaron por diante das irmáns Antía e Alba de Troitas Bravas, que compartiron o terceiro posto. 

    Don J.Antonio Martínez Rodríguez (Antón), concelleiro de deportes de Castropol, participou activamente na xordada e mostrou moi boas maneiras zoupándolle a billarda e o remate  foi quen fixo a entrega dos agasallos os gañadores do aberto.



      A liga regular retómase o dia 5 de febreiro en Riotorto mais o vindeiro sábado 14 deste mes xogarase en Castro de Riberas de Lea o “Aberto galiña de mos”. Billarda sempre! e Adiante co Varal!. 

No hay comentarios: