2023/04/24

12ª xornada da LNB NorLeste. Muimenta 22.04.2023

X ABERTO  “A TERRA NON SE VENDE”

CHARLI, AROA E MATEU VIRTUAIS CAMPIONS DA TEMPADA

      O equipo Carabullo de Ponte de Outeiro como xa fixo con anterioridade, trasladou o seu aberto o campo de fútbol “O Pichón” de Muimenta, donde hoxe se deron cita oitenta e tres palanadores (55 homes, 19 donas e 9 cativos) na disputa da penúltima xornada da tempada.

     Semella que a choiva gosta da LNB. Mais unha volta agardou a que déramos rematado o aberto para facer acto de presencia, o que fixo a ledicia dos asistentes subliñadamente dos Troitas Bravas, que se manexaron comodamente e, ainda que non matemáticamente, sentenciaron o campionato comandados por un sensacional Sachas que fixo pleno de puntos adornados con un soberbio varado.

Non ven mal un anaquiño para tomar folgos

     De igual xeito o segundo e terceiro posto de equipos semellan ocupados por Carabullo e Billardeiros Musicais xa que  Madia Leva, que está rematando a tempada con forza espertou algo tarde de mais, hoxe acadaron o segundo chazo so a un punto dos Campión e por diante de Carabullo.

     No plano individual a mais do hoxe campión Sachas, destacaron Gundar con vintecatro puntos e Carlos Alvariño con vintetrés.

     Temos que comentar que xa na primeira carreira CHARLI a “zurda d’ouro” dos Carabullo foi quen de se proclamar matemáticamente CAMPION individual absoluto  a falta da xornada de Remourelle.

     En donas Cris “Castiñeiro” foi a mellor e fai podio por segunda vez na tempada, Geni “Billardeiros Musicais” foi segunda e Alba “Troitas Bravas” terceira. Esta categoría segue a ser dominada por Aroa “Billardeiros Musicais” que é a virtual campioa da tempada.

      Diego e Mateo (Madia Leva)  e mais Alba  ocuparon o podio infantil. E para non ser menos, nesta catgegoría xa temos tamén virtual campión: Mateu.

     Rematamos a xornada ca entrega de fermosos agasallos artesanais e das árbores autóctonas con que os Carabullo soen regalar aos gañadores do aberto. 

     A vindeira xornada xógase en Remourelle o 20 de maio e porá o peche a tempada. Como é costume, neste caso os grupos non se farán por sorteo puro senon que se iran formando según a clasificación xeral. O grupo dos primeiros clasificados será o derradeiro en xogar.

      Billarda sempre e adiante co Varal.

No hay comentarios: