Aberto de billarda do Minho
XIII Torneo Cidade de Lugo
SACHAS FIRME , POR DETRAS OS POSTOS VAN TROCANDO
Un domingo con moito vento racheado, non amedrentou os bravos palanadores que se achegaron a disputar unha nova e fantástica xornada billardeira. A temperatura era ideal para a práctica deportiva e no campo de fútebol de Nadela, déronse cita 88 palanadores (57 homes, 21 donas e 10 cativos) que deron o mellor de sí en cada golpe para disputar a 5ª xornada da LNB da conferencia NorLeste.
O sorteo dos grupos é aleatorio e sempre da sorpresas, desta volta saiu un grupo que todos consideramos o "grupo da morte" porque nel estaba unha boa presada de campións e aspirantes a todo. Mais hoxe o nivel dos palanadores é moi alto e en todolos grupos hai xente boa como quedou demostrado pois, mentres a maioria fixaba a súa atención no campo 3, era nos número 1 e 2 donde paseniño se iban destacando Milio e Felix que o remate quedaron primeiro e segundo con 23 e 22 puntos respectivamente. Do grupo da morte so saiu Sachas como posible terceiro con 21 puntos e rematou superado por Chousa nun desempate no que tamén participou Albino.En donas o dominio de Castiñeiro Milenario foi claro metendo a Vanesa como campioa e a sua compañeira Cris como segunda. Como terceira a xa habitual Troitiña Alba.
Diego e Mateu, mais unha volta, subiron o podio compartindo o primeiro posto con candanseus quince puntos. No segundo posto tamen compartido, estiveron os Troitas Bravas Antía e Mateo con trece puntos cada un..
En canto a equipos, os Carabullo, que veñen xogando bastante mermados de efectivos, hoxe estiveron a altura que deles se agarda e fixérono estreando podio. Seguiron por detrás Billardeiros Musicais con dous puntos mais que os Troitas Bravas que foron terceiros na xornada.
Os Carabullo sin Charli, Migho e Santi mais con un topo |
Estos resultados fan que na clasificación xeral individual troquen constantemente os postos, so Sachas aguanta impasible, tranquilamente asentado no primeiro posto, olla como os demais loitan por pillalo.
A vindeira xornada será a de Ribadeo, pero xa para o ano que ven, o domingo día doce. Este mes de decembro facemos un descanso para compras e para os compromisos do Nadal. Que todo sexa Paz e Felicidade. Billarda sempre e adiante co Varal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario