Navallo "O Mago de Castropol" gaña en Lugo
O campo de fútbol de Nadela (Lugo) volveu acoller unha xornada épica de billarda, marcada por un terreo enchoupado, esbaradizo e moi traizoeiro, que puxo a proba a resistencia e a técnica dos 75 palanadores presentes (54 homes, 17 donas e cato infantís).O barruzo e o frío persistente convertéronse en convidados incómodos, mais non impediron que o espectáculo brilase.
O nome propio da xornada foi o “Mago de Castropol”, que mostoru á súa mellor versión recuperando a precisión que mostou cando foi Coroceiro, deixando a billarda co primeiro golpe moi perto do varal e demostrando por que é considerado un dos talentos da LNB.
Tras el, o carabullo Santi firmou un debut estelar na tempada, acadando un meritorio segundo posto, mentres que Manu Pozo, dos Billardeiros Musicais, completou o podio masculino cun sólido terceiro posto.
![]() |
| Santi, comeza a tempada cun podio |
Na categoría de donas, Aroa impúxose con autoridade, adaptándose mellor que ninguén ás condicións extremas. O podio completouse coas palanadoras de Castiñeiro: Cris, que levou o segundo posto, e Vanesa, que asegurou a terceira posición tras unha xornada moi regular.
No apartado por equipos, a potencia das Troitas Bravas impúxose polos pelos, na lama de Nadela, mentres que os Billardeiros Musicais rubricaron unha boa xornada co segundo posto. Os anfitrións, Madia Leva, pecharon o podio nunha actuación marcada pola entrega e o coñecemento dun campo que esta vez xogou a favor… e tamén en contra.
Un encontro duro, frío e pasado por auga, mais inesquecible para todos os que mantiveron a billarda voando sobre Nadela.








No hay comentarios:
Publicar un comentario