2026/04/28

11ª xornada da LNB NorLeste. Ponte de Outeiro 25 de abril de 2026

                                                 Toitas Bravas, suma e sigue

         No XII Aberto “A Terra non se vende” en Muimenta, os Troitas Bravas seguen coa súa ditadura deportiva: gañan máis que o Madrid dos mellores tempos, pero con máis barro e menos peiteados con xel. O sol acompañou, logo refrescou —coma sempre, o tempo tamén xogou o seu partido— e todo ficou máis ou menos como estaba: os podios xa case con nome e apelidos.

        Gundar levou a vitoria, con Markytos e Milio rifando o segundo e terceiro posto nun desempate máis tenso ca un cable de tender roupa. 

        As Troitas Bravas coroan a clasificación, seguidas polos Billardeiros Musicais e Carabullo, que seguen á espreita por se cae algunha vara milagrosa, mais esta tempada todo o peixe está vendido.

        Nas donas, Aroa e Geni (as “rockstars” da billarda) lideran, con Juncal pisando forte e apuntando a máis podios. 

1ª Aroa, 3ª Juncal, 2ª Geni

        En infantís, ningunha sorpresa: Mateo e Antía —os Troitiñas de ouro— seguen mandando con paso firme, e Mateo Ledesma loitando polo terceiro posto da xeral infantil, que de monmento empata no terceiro posto con Martín. Remourelle dictará sentencia.

        Todo queda servido para o gran final en Remourelle o 9 de maio, onde se decidirán os últimos podios e, o máis importante, se degustará a torrezmada oficial da tempada. Porque se hai algo máis serio ca unha final de billarda... é o terceiro tempo.

        Billarda sempre, e adiante co varal!

No hay comentarios:

Publicar un comentario