5ª xornada da LNB NorLeste. Lugo 16.11.19
Muriego pesca terra a dentro.
Ata
media mañá, Madia Leva, como organizadores da quinta xornada de billarda da LNB
NorLeste, “IX Torneo Cidade de Lugo”, non decidiron si se xogaba a cuberto ou
se optaba por arriscar e xogar no campo de fútbol de Nadela, moi pertiño da
cidade das Murallas.
Finalmente,
como o campo tiña boa pinta e o día semellaba dar unha pequena trégola no seu
pingar, optouse por xogar o ar libre, que é donde mellor se mostran as
habilidades dos palanadores.
Desta volta bateuse a marca de asistencia da tempada, foron setenta e cinco os que participaron.
Desta volta bateuse a marca de asistencia da tempada, foron setenta e cinco os que participaron.
A non
presencia no torneo dos dous primeiros clasificados, Markytos polo seu debú
como papá e Pepe de Outeiro por motivos persoais, deixou en franca vantaxe aos
seus inmediatos perseguidores e tanto Charli como Regueiro, que acadaron unha
boa puntuación, pasaron a comandar a táboa igualados a puntos.
Nembargantes,
o que saiu gran triunfador da tarde foi un Muriego plétorico. Hoxe, este
multidisciplinar artista e vello pescador reconvertido en touro, subiu ao mais
alto do podio. A sorte outras veces esquiva cando semellaba telo feito, hoxe
non lle voltou as costas e puido por fin acadar un merecido triunfo.
Completaron
o podio Albino de Carabullo como segundo clasificado e terceiro Juan Carlos de
Campo da Feira.
As donas no no tiveron doado e foi regular a súa actuación, so Paula (Chainzos-Cadaval) se mantivo no seu nivel, o que xunto a cativa prestación de Geni, lle permite recuperar o mando na táboa. Segunda foi Lola Eiras de Billarda Verde e terceira Irea, de Carabullo.

Non
foi día de varados tampouco como xa se agardaba e ainda que se viron moi bos
golpes, naide traspasou a liña de varal a primeira.
Tamén caeron unhas pingas de cando en vez, pero nos chegaron a facer dano e por riba a xente iba ben preparada oara afrontar o temporal.
O desembarco masivo dos compoñentes de “Campo da Feira” de Paiosaco, con todo o seu arsenal, derrubou a resistencia local e os visitantes da conferencia NorOeste, fixéronse co terceiro posto individual, co mellor infantil e ca victoria por equipos seguidos por Carabullo e por Troitas Bravas.

Xogaron
hoxe sete cativos dos que destacou Abel Ponte de Campo da Feira (que é o
actual campión nacional infantil), dos outros so Aroa de Billardeiros
Musicais foi quen de puntuar nesta xornada tan complicada para eles.
Cos derradeiros golpes do encontro o luscofusco foi agrandando a súa presencia e facéndose o dono do lugar. Rematamos ca entrega de premios ós gañadores e quedamos emprazados para a seguinte proba que será en Ribadeo o vindeiro 15 de decembro.
Pero antes de retomar a liga regular, tentaremos recuperar a Copa Cantábrica que o ano pasado quedou en poder dos asturianos. Será en Piedras Blancas o vindeiro sábado vintetrés deste mes de novembro.

Sorte e Billarda sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario